AS ÚLTIMAS NOVIDADES EN REPRODUCIÓN ASISTIDA, A EXAME ENO SIMPOSIO ORGANIZADO POR IRAGA
O VI Simposio sobre Reprodución Humana Asistida celebrarase en Santiago de Compostela o 3 de marzo
A incubación, a selección de espermatozoides, a esterilidade ou a prevención da xestación múltiple nas técnicas de reprodución asistida abordaranse nesta cita
27 de febreiro de 2011.- IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda, celebrará o próximo sábado 3 de marzo o seu VI Simposio sobre Reprodución Humana Asistida, cita bienal en Santiago de Compostela.
Esta cita quere mellorar a formación e a interrelación entre todos os expertos galegos da especialidade e profesionais chegados doutras partes de España.
A introdución de temáticas como o embryoscope (innovación nos sistemas de incubación) ou a prevención da xestación múltiple nas técnicas de reprodución asistida supoñen unha novidade nos contidos habituais destas reunións.
O hotel San Francisco será o marco para esta cita que está organizada polo Dr. José Codesido López, director de IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda.
Programa do Simposio
A primeira intervención do programa, ás 9.30 horas, correrá A Cargo da Dra. Nuria Fosas Sáenz (Instituto de Reprodución CEFER. Barcelona), quen se achegará ao: "Embryoscope. a revolución nos sistemas de incubación". Moderará o relatorio a Dra. Mª José López Rubira (IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda).
Ás 10:00 h. chegará a Dra Águeda Ortiz que se achegará á "Actualización da clasificación ASEBIR para Blastocistos". A doutora Ortiz traballa no Centro Estremeño de Reprodución Humana Asistida CERHA do Hospital Materno Infantil de Badaxoz.
Dende as 10:30, a Dra. Minerva Ferrer (CREA - Centro médico de Reprodución Asistida, Valencia) intervirá con "Novos métodos de selección de espermatozoides en reprodución asistida".
A intervención da Dra. Victoria Verdú Merino (GINEFIV - Madrid) tratará sobre "Prevención da xestación múltiple nas técnicas de reprodución asistida", a partires das 11:30 horas e coa moderación do Dr. Eloy Moral Santamaría, xefe do servizo de xinecoloxía do Complexo Hospitalario de Pontevedra,
Ás 12:00 tomará a palabra o Dr. Florentino Garrido González (Centro Xinecolóxico de León) e falará sobre: "Estimulación amigable. Unha revisión crítica".
A última sesión da xornada será "Indicacións cirúrxicas en esterilidade", un relatorio do Dr. Manuel Macía Cortiñas, do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Esta sesión será ás 12:30 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario