Constitúese o Consello de Cultura en Silleda que prevé unha rede de comunicación entre as asociacións
Silleda, 28 de febreiro de 2012. Arredor de trinta colectivos trasdezaos acudiron onte á Casa da Cultura de Silleda onde tivo lugar a reunión na que se fixo a proposta de constitución do Consello de Cultura.
Na reunión mantida onte designouse o presidente do Consello, que será o Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, e o vicepresidente, que será Diego Cuiña, que acudiu en nome da Banda Recreativa e Cultural de A Bandeira, mentres que os representantes das restantes asociacións serán os vogais. Cabe destacar, que ao ser en representación do colectivo, se alguén non pode acudir ás reunións, pode ser substituido por outro membro da súa asociación.
Este consello manterá asembleas con carácter semestral e estará vixente mentres dure a lexistatura; o obxectivo fundamental desta entidae é a coformación dun grupo a prol da cultura no Concello de Silleda, que organice actividades para a súa promoción.
O Concelleiro de Cultura, Matías R. da Torre, califica de importante a heteroxeneidade de colectivos que acudiron, posto que “habíaos con obxectivos totalmente culturais, pero outros tamén artísticos, ou que son só tanxenciais no eido cultural, aínda que aportan moito coas actividades que organizan nas correspondentes parroquias”.
Na encontro mantido onte, os asistentes estruturaron as bases para as subvencións de 2012, aportando un modelo por cada punto a presentar, para que a entrega da documentación precisa fora máis doada para todos; tamén se deixou claro que estas axudas económicas, en ningún caso servirían para comidas, nin tampouco para gastos ordinarios como poden ser luz, auga... Unha das primeiras función deste órgano recén constituido, será valorar as propostas de resolución de subvencións funcionando tamén como consello asesor do propio Concello.
Asemade, o Consello de Culutra contempla a creación dunha rede cultural que vai facilitar a comunicación e a colaboración entre colectivos, para que todo o mundo teña coñecemento das actividades que organizan os demais, e proporcionar así a este municipio un calendario estable de actividades culturais. Esta rede tamén permitirá ás asociacións evitar a duplicidade de eventos na mesma data, ou unha organización máis aticipada, ademáis da colaboración directa con outras, aportando os recursos de cada unha, para levar os seus proxectos a cabo.
Algo no que se traballará na vindeira reunión, en xuño, será unha proposta da presidencia, na que se pon sobre a mesa a posibilidade de que todos os colectivos colaboren para que os silledenses que non o coñezan, teñan información sobre o seu propio patrimonio e a riqueza cultural socializando monumentos e paraxes naturais.
A constitución efectiva deste Consello levarase a cabo seguinte pleno municipal, que terá lugar en marzo.
Asistentes a reunión para a proposta de Constitución do Consello Municipal de Cultura
1.- Asociación Amigos de Silleda,
2.- Coral Polifónica da Trasdeza,
3.- Os Carqueixas,
4.- Avanza Trasdeza,
5.- Asoc. Veciños Santiago Apóstolo de Taboada,
6.- Asoc. Cultural Coto do Castelo de Graba
7.- Asoc. Musical, recreativa e Cultural de Bandeira,
8.- Asoc. Veciños AVEMA,
9.- Asoc. Veciños A Costa de Abades,
10.-Asoc. Mulleres Rurais de Abades,
11.- Asoc. Amigos da Tortilla de Laro,
12.- Asoc. Veciños de Parada,
13.- Asoc. Cultural Xenerais do Entroido da Bandeira,
14.- Asoc. Socio-Cultural Adellís,
15.- Asoc. Cultural O Son da Fervenza,
16.- Asoc. Cultural Vista Alegre,
17.- Asoc. Cultural Xirandola,
18.- Asoc. Coro Vales Mahía de Bandeira,
19.- Asoc. Cultural e Musical Gaiteiros da Pereiriña,
20.- Asoc. Veciñal e Cultural de Ansemil-Martixe,
21.- Asoc. Cultural Pau de Buxo,
22.- Asoc. Cultural O Cruceiro de Breixa,
23.- Asoc. Mulleres Rurais Sta Isabel de Escuadro,
24.- Asoc. Veciños Guadalupe de Rellas,
25.- Asoc. De Mulleres San Martiño de Rellas,
26.- Banda de Música Municipal de Silleda,
27.- Asoc. De Mulleres Fervenza do Castelo,
28.- Asoc. Cultural A Copa do Castro,
29.- Asoc. de Baile Xuvenil Fortín da Pomba,
Ningún comentario:
Publicar un comentario