Ábrese o prazo para a inscripción nos campamentos de verán que organiza a Deputación de Pontevedra e coa que colabora a Concellaría de Infancia e Xuventude
Silleda, 28 de febreiro de 2012. Todos aquelas persoas que queiran participar nos campamentos de verán poderán incribirse na casa da Cultura da Xuventude de Silleda, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas, dende o vindeiro xoves día 1 ata o 30 de marzo.
Esta actividade está organizada pola Deputación de Pontevedra e colabora, neste municipio, a Concellaría de Infancia e Xuventude, dirixida por Margarita Campos, que afirma “é moi positivo para os nenos que durante o verán desfruten realizando actividades, sobre todo ao aire libre; ao mesmo tempo que saen da rutina, aprenden cousas novas, e aprenden a convivir con outros rapaces da súa idade”.
O campamento está destinado a rapaces e rapazas do Concello de Silleda nados entre 1999 e 2004, ambos os dous incluídos, e o prezo é de 68 € por cada neno ou nena.
A actividade desenrolarase a partir do 24 de xuño, e a ata o 8 de setembro, habendo un total de 11 quendas en periodos de 6 días que van dende un domingo ata o sábado seguinte.
Algunhas anotacións a ter en conta, son que os participantes dormirán en tendas de campaña de, como mínimo cinco prazas; só poderán empregar o teléfono durante unhas horas sinaladas e que non é necesario que leven cámara de fotos – da que en caso de extravío os responsables son os propios nenos – posto que a propia deputación tomará imaxes que logo colgará na súa páxina web.
Ningún comentario:
Publicar un comentario