A Concellaría de Benestar Social e Igualdade organiza actividades arredor do Día Internacional da Muller traballadora
Silleda, 29 de febreiro de 2012
Dende a Concellaría de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Dolores García, estanse a organizar a través do Centro de Información ás Mulelleres de Silleda (CIM), diferentes actividades para a vindeira semana, con moitivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora o xoves 8 de marzo.
Para o martes día 6 e o mércores día 7 está previsto o Obradoiro de Autoestima e Motiviación para o emprego” dirixido especialmente a mulleres inmigrantes, impartido pola psicóloga do CIM, Anxos García Fidalgo, no propio centro, de 10.00 horas a 12.00 horas.
O xoves 8, o propio día da celebración, haberá un ciclo de cine titulado “Cousas de cine: eles e elas” no que se proxectará ás 9.45 horas a película “Las mujeres de verdad tienen curvas”, ás 11.40 horas “Billy Elliot” mentres que ás 14.00 horas será o turno para o fime Full Monty.
En sesión de tarde, proxectaranse ás 16.00 horas a longametraxe “La Boda de Muriel” e ás 18.15 horas “3 Solteros y un biberón”.
Por último, o día 9 terá lugar unha xornada informativa sobre a nova regulación no Servizo no Fogar Familiar, impartida pola asesora xurídica do CIM, Carmen Miranda Pose.
Todas as mulleres que desexen asistir tanto ao obradoiro como á xornada informativa, deberán inscribirse no Centro de Información ás Mulleres, que se atopa nas dependencias do Centro Social dos Maiores (o antigo Ambulatorio) ou ben acercándose ás oficinas, ou ben chamando por teléfono ao 986581694. Para o obradoiro dos días 6 e 7, hai 15 prazas para cada unha das xornadas, mentres que para o día 9 hai un total de 20 prazas e luns da semana que vén é o último día no que poderán apuntarse.
Para asistir ao ciclo de cine, non é necesaria unha incripción previa: calquera muller que o desexe, pode acercarse ao Centro Social dos Maiores para desfrutar desta actividade.
Todas as accións que se levarán a cabo a semana vindeira serán completamente gratuitas para o público asistente.
A Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Dolores García, anima a todas as veciñas a participar nas diferentes actividades, e insiste na necesidade de “concienciar, empezando polas propias mulleres, a toda a sociedade de que todos somos iguais e merecemos as mesmas oportunidades, independentemente do noso sexo ou orixe” por iso con estas actividades “tentamos axudar á poboación coas charlas e obradoiros” continúa, “e co ciclo de cine buscamos, ademais da devandita concieciación, que a través dunha actividade que resulta familiar e divertida, aquelas mulleres que non nos coñezan que se acheguen ao CIM por este motivo, poidan saber algo máis do centro interesarse polo traballo que estamos a levar a cabo, así como para que saiban que estamos e estaremos sempre á súa disposición”, remata a concelleira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario