Santiago – axenda martes 28 e corte de tráfico

Martes 28

10.00 h e 12.00 h

Ás 10.00 h na Escola Infantil de San Roque (Rúa das Rodas, 30) e ás 12.00 h na Escola Infantil Municipal das Fontiñas (Rúa Fontes do Sar, 1), continuará o programa de Educación Musical 0-3, que a Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música, deseñou para as escolas infantís municipais.

15.00 h

En Madrid (paseo de la Castellana, 67, Nuevos Ministerios), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa ministra de Fomento, Ana Pastor.

16.30 h a 18.30 h

Na Almáciga, Xornada de portas abertas no Colexio Apóstolo Santiago.

18.45 h

No Palacio de Congresos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á entrega dos Premios Picadillo dentro Fórum Gastronómico Santiago 2012.

21.00 h

No Teatro Principal, Casahamlet presenta 'Se non queres casar, o mesmo dá' de Álvaro Cunqueiro. Manuel Lourenzo, director. Con A. Hermida, S. Fernández, M. Lourenzo, M. Clavijo.

Corte de tráfico na rúa do Medio

Por mor da realización de obras na rede de saneamento, é preciso cortar ao tráfico a rúa do Medio o mércores día 29 dende as 8.00 h ata as 15.00 h. Permitirase o acceso aos residentes pola Travesa de San Pedro.

O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

Ningún comentario: