| Sábado 3
11.30 h Na Escola Municipal de Música (rúa da Almáciga, 55), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, participa no encontro e no concerto didáctico destinado aos nenos e familias das escolas infantís.
12.00 h Na Catedral, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste aos actos de celebración do Santo Anxo de Garda, patrón da Policía Local. A continuación (13:00 h), na Casa do Concello, entrega de placas e medallas de recoñecemento.
19.30 h No Teatro Principal, concerto familiar 'A Berenguela', opereta para voz narrada e cuarteto de clarinetes sobre un texto de Manuel María. Recomendada para nenos e nenas de 4 a 10 anos.
21.00 h No Auditorio de Galicia, 'Nya, díptico para nove bailaríns' [Bolero de Ravel e Cantos de Houria Aïchi]. Ballet Contemporáeo de Arxel (Arxelia) / Compañía La Baraka (Francia). Abou Lagraa, coreografía e dirección artística.
Domingo 4
12.00 h No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música Especial Día da Muller Traballadora. Dirixido por Xosé Carlos Seráns. Amelia Ónega Otero, clarinete.
12.30 h No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao partido do Obradoiro. 20.00 h No Teatro Principal, Yllana presenta 'Zoo'. Con César Maroto, Elena Lombao, Susana Cortés e Rubén Hernández.
Luns 5
10.30 h No CEIP Cardeal Quiroga Palacios, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, e os concelleiros de Medio Ambiente, María Castelao, e Cultura, Ángel Currás, asisten á presentacion das actividades da Ecopatrulla (sensibilizacion no coidado da auga).
12.30 h Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
16.00 h No edificio Cersia (rúa do Alcalde Raimundo López Pol, s/n – San Lázaro), a concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, Paula Prado, participa na presentacion da Xornada Técnica Xestión enerxética como nicho de emprego, que se desenvolverá ao longo da tarde.
19.30 h Na Casa do Concello, recepción aos presidentes dos parlamentos das 17 comunidades autónomas. | Corte de tráfico na rúa Santa Uxía de Ribeira
Por mor da realización de obras na rede de saneamento é preciso cortar ao tráfico á rúa Santa Uxía de Ribeira, o martes día 6 de marzo desde as 8.00 h ata as 19.00 h. Permitirase o acceso os residentes pola praza Álvaro Cunqueiro. O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar. ----------------------------------------------------------- SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL (Dende as 08:00 h. do día 1 de mazo ata as 08:00 h. do día 2 de marzo) - Nas últimas 24 horas, o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou CATRO accidentes de tráfico. * Na rúa Ponte de San Lázaro, co resultado de danos materiais e nunha marquesiña de parada do bus urbano. * Na rúa Doutor Teixeiro, co resultado de danos materiais. * Saída de vía na rúa Clara Campoamor, con danos materiais. * Na rúa Laverde Ruíz, onde un turismo chocou contra varios bolardos que foron arrancados. - Os axentes acoden a dúas queimas de rastroxos sen autorizar, unha na zona de Ponte San Lázaro e outra ao carón da estrada SC-20, sendo ambas denunciadas ante a súa perigosidade. - Préstase auxilio na rotonda de Volta do Castro ao pasaxeiro dun autobús que sufriu unha indisposición, sendo atendido por persoal médico. |
Santiago – axenda ata o luns cinco, corte de tráfico e actuacións da policía local
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario