TRECE ALUMNOS REMATAN CON ÉXITO O CURSO DE EMPREGADO DE OFICINA, DE 809 HORAS DE DURACIÓN
01 de marzo de 2012.- Un total de trece veciños e veciñas de Brión remataron con éxito o Curso de Empregado de Oficina, impartido entre o 13 de xuño e o 13 de decembro de 2011. Un curso de 809 horas lectivas que forma parte das Accións Formativas para Desempregados (AFD) que organiza a Consellería de Traballo e Benestar.
A concelleira de Cultura de Brión, Patricia Vázquez, foi a encargada de facer entrega dos diplomas acreditativos do curso, no que os alumnos aprenderon a realizar labores administrativas relativas á xestión comercial, financeiro-contable e de persoal, desenvolvendo o rexistro, proceso, arquivo e transmisión de información nunha oficina. Un acto celebrado onte no centro social polivalente e ao que asistiron catro das alumnas participantes, dos 15 alumnos que comezaron o curso en xuño de 2011 (dous deles deixárono despois de atopar traballo).
Ningún comentario:
Publicar un comentario