Ordes – viaxe a Salamanca

O departamento de Servizos sociais de Ordes organiza unha viaxe a Salamanca e a Alberca os días 24 e 25

Os intersados en asistir poderán inscribirse ata o próximo día 15

Ordes 28 febreiro 2012. O departamento de Servizos sociais de Ordes acaba de abrir o prazo para aqueles maiores que queiran participar nunha nova excursión. Unha viaxe na que os asistentes visitarán a cidade da Salamanca e a pictórica vila da Alberca, en plena Sierra de Francia.

Por 106 euros inclúese a estancia nun hotel de catro estrelas, pensión completa, seguros de viaxe e servicio de autobús. A viaxe está prevista para os días 24 e 25 de marzo e os interesados xa se poden inscribir no departamento de Terceira idade do Concello de Ordes ou chamando ó 981 681483 ata o día 15.

Ningún comentario: