Santiago – axenda mércores 28 e actuacións da policía local

Mércores 29

11.00 h

Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside a sinatura do convenio de colaboración entre o Consorcio e Clear Channel, empresa patrocinadora do 800 Aniversario da Catedral de Santiago.

12.00 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude e Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

16.30 a 18.30 h

Na Almáciga, Xornada de portas abertas no Colexio Apóstolo Santiago.

19.30 h

Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa asociación de veciños “Serafín Zas” da Rocha Vella, xunto co concelleiro Juan de la Fuente.

21.00 h

No Teatro Principal, Casahamlet presenta 'Se non queres casar, o mesmo dá' de Álvaro Cunqueiro. Manuel Lourenzo, director. Con A. Hermida, S. Fernández, M. Lourenzo, M. Clavijo.

Xefatura do Corpo

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICIA LOCAL

(Desde as 8:00 h do día 27 ata as 8:00 h. do día 28 de febreiro)

- Préstanse DOUS AUXILIOS, un deles a unha persoa que caera no seu domicilio e non podía levantarse; avísase ao 061 e trasládase ao Hospital. O outro, a unha persoa que se atopaba tumbada na rúa de San Pedro en estado de embriaguez.

- Identifícase a unha muller que se atopaba arrincando plantas na zona axardinada da rúa Santo Domingo da Calzada e a un home que fixera o mesmo nos illotes do Campo da Estrela.

- Identifícase a un individuo que substraera tres lámpadas dos bolardos da Porta do Camiño.

- Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policia Local rexistrou DOUS accidentes de tráfico con resultado de danos materiais en diferentes rúas.

Ningún comentario: