Forum gastronómico – éxito da terceira edición do Forum

ÉXITO ROTUNDO DA TERCEIRA EDICIÓN DO FÓRUM
GASTRONÓMICO SANTIAGO 2012
Máis de 15.000 persoas visitaron o Fórum Gastronómico no Palacio de
Congresos e Exposicións de Galicia do 26 o 28 de febreiro
Pep Palau e Jaume von Arend amosaron a súa grande satisfacción tras clausurar esta
terceira edición do Fórum Gastronómico en Santiago de Compostela, calificándoa de
éxito rotundo xa que se sobrepasaron todas as expectativas e cumpríronse todos os
obxectivos marcados pola organización.
Máis de 15.000 persoas acudiron a esta cita durante os tres días –un menos ca no 2010-
consolidando deste xeito a aposta da organización pola celebración deste gran evento
en Galicia.
Todas as actividades rexistraron entre o 95% e o 100% de ocupación demostrando unha
vez máis o interese do sector e o liderazgo do Fórum Gastronómico que atrae a
numerosos profesionais non so de Galicia senón tamén do resto de España (Asturias,
Canarias, Catalunya, Madrid ou Andalucía)
Do domingo 26 ao martes 28, máis de 2.500 persoas participaron nos diferentes
obradoiros que se realizaron nas salas Picadillo, Cunqueiro, Pardo Bazán e Ateneo e
3.750 asistiron ás sesións do Auditorio. En total, máis de 6.300 persoas puideron gozar
do “modelo Fórum”. A estas cifras cómpre sumarmos o numeroso público que asistiu ás
sesións organizadas polos expositores.
Ademais, entre o 23 e o 28 de febreiro as rúas de Santiago de Compostela enchéronse de
amantes da gastronomía que participaron na programación do Fórum Cidade, o mellor
complemento posible á programación do Palacio de Congresos.
Cabe destacar tamén o alto grado de satisfacción das empresas expositoras –máis de
350 marcas representadas- algunhas das cales xa amosaron o seu interese por
participaren na vindeira edición.
Fórum Gastronómico contou con máis de 100 actividades impartidas por máis dos 150
mellores profesionais do sector –cociñeiros,  sumilleres expertos, produtores,  xornalistas
gastronómicos, etc-.
Os  patrocinios institucionais do Fórum Gastronómico foron Xunta de Galicia, Concello de
Santiago, Deputación da Coruña, Consorcio de Santiago e Turgalicia; os patrocinadores
principais son Estrella Galicia e Schweppes;  como patrocinadores tamén figuran Paradores,
Chocolate Academy (Barry, Callebaut, Chocovic), Asociación Hostelería Compostela e
Rosareiro-Angelo Po. Os patrocinios técnicos corren a cargo de Bragard, Josmaga, Castey,
Noyamóvil, Kitchenrent, María Fechoría, Aceites Abril, CIEP Compostela, Mercado de Abastos
de Santiago e Tesec Audiovisuales.

Ningún comentario: