|
Venres 2
9.30 h No Colexio San Jorge (Rúa Coimbra, nº 24 -Baixo-), continúa o 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago organizados pola Concellería de Educación a través da Escola Municipal de Música. Nesta ocasión será no Colexio San Jorge, cunha sesión ás 9.30 h e outra ás 10.30 h. 11.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local. 12.00 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local. 12.15 h En Belvís, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste aos actos da festividade de San Rosendo, patrón do Seminario Menor. 12.30 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Paula Prado, para presentar os actos con motivo do Día Internacional da Muller. 12.45 h Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área. 16.30 h No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á inauguración do XI Seminario TIC para grandes empresas e organismos. 20.30 h Na Zona "C", 'O texto como pre-texto', mostra do obradoiro de creación escénica de Cámara Negra. | SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL (Dende as 08:00 h. do día 29 de febreiro ata as 08:00 h. do día 1 de marzo) - Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou TRES accidentes de tráfico, todos eles con resultado de danos materiais. * Saída de vía na Ponte de Lermo ás 11.15 h. * Na rúa Torrente Ballester ás 15.30 h. * Praza Roxa ás 05.00 de hoxe. - Ás 9.30 horas, os axentes acoden a un domicilio na rúa Entrecercas, a requirimento da súa moradora, que manifesta que existía un forte olor a gas. Dáse aviso aos bombeiros que acoden ó lugar dos feitos. Non se rexistraron incidentes. |
Santiago – axenda 2 de marzo e actuacións da policía local
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario