Santiago – axenda xoves 1 e actuacións policía local

Xoves 1

11.15 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Emprego, Paula Prado, para presentar as Xornadas de Eficiencia Enerxética.

11.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, e do voceiro do BNG no Congreso, Francisco Jorquera.

12.00 h

Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Ensaio Aberto da Banda Municipal de Música.

12.00 h

Na Casa do Concello, visita institucional do delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, ao alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa.

12.15 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal socialista, Xosé Baqueiro, sobre asuntos de carácter local.

19.30 h

Na sede da CEG (Confederación de Empresarios de Galicia, rúa do Vilar 54), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xerardo Conde Roa, presenta o libro “Santiago Monumental. Apuntes de Segundo Hevia”. Asisten Xosé Manuel Villanueva Prieto, xerente do Consorcio de Santiago; Segundo Hevia, acuarelista e autor dos apuntes e Luis Posse, coordinador da publicación.

20.30 h

Na Zona "C", 'O texto como pre-texto', mostra do obradoiro de creación escénica de Cámara Negra.

21.00 h

No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Antoni Ros Marbá. Kolja Blacher, violín. [Glinka, Chaikovski]

21.00 h

Compostela Rock

Na Sala Capitol, Cooper (León, power pop) fai a presentación en Galicia o seu novo disco 'Mi universo' dentro do Compostela Rock.

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICIA LOCAL

(Desde as 08:00 h. do día 28 ata as 08:00 h. do día 29 de febreiro)

- Acódese en AUXILIO ante a chamada de varias persoas que quedaran encerradas nun ascensor na rúa San Pedro de Mezonzo, e que son liberadas pouco despois.

- Nas últimas 24 horas o Equipo de Atestados da Policía Local rexistrou SETE accidentes de tráfico, CATRO deles con resultado de danos materiais, TRES con resultado dunha persoa ferida leve, sendo un destes últimos un atropelo a un peón.

Ningún comentario: