Ordes celebrará este próximo sábado o IV Cross Ambiental Concello de Ordes memorial José Estevo
Simultáneamente desenvolverase a cuarta edición das probas de canicross puntuables para a liga galega. Como novidade este ano terá lugar unha andaina popular cun percorrido de 8,5 quilómetros
Ordes 23 febreiro 2012. O Concello de Ordes celebrará esta próxima fin de semana o IV Cross Ambiental Concello de Ordes, memorial Estevo José no que participarán arredor de 300 persoas en todas as categorías, as cales abranguen todas as idades. Haberá trofeos e medallas, ademáis dun premio en metálico para os primeiros en traspasar a liña de meta na categoría absoluto xeral.
Ó longo da xornada tamén se desenvolverá o IV Canicross Concello de Ordes, cuxas probas son puntuables para o campionato de liga galega e para o que xa están inscritos 20 participantes. Neste caso os primeiros clasificados tamén recibirán unha cuantía en metálico ademáis dos respectivos trofeos. Todas estas competicións desenvolveranse dende o Campo da feira pasando polo paseo fluvial e por un itinerario que atravesa parte da zona de monte das inmediacións da vila. Os interesados poderán inscribirse ata o vindeiro venres a través do teléfono 660 694 586.
Os participantes recibirán diversos agasallos como gorros, bragas e guantes polares, entradas para o Museo do traxe Juanjo Linares, ademáis do sorteo doutros agasallos. Tamén se repartirán froitas, bebidas, chocolate, churros e rosca
I Andaina Concello de Ordes.
Como novidade este ano a organización ten prevista a I Andaina Concello de Ordes. Un percorrido no que poden participar todos os que queiran sen límite de idade. O fin último desta iniciativa é exercitarse dun xeito relaxado e divertido aproveitando os fermosos paraxes e as rutas que discorren polo Concello. Neste caso son 8, 5 quilómetros os previstos, nun itinerario perfectamente sinalizado e que tamén transcurre polo paso fluvial e polo monte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario