Silleda – o concello paga máis de 80000 euros por facturas pendentes desde o ano 2001

O Concello de Silleda paga a Sumicóns González 81.760,08 € S.L. de facturas pendentes emitidas entre os anos 2001 e 2005

- A alcaldesa esixe ao partido popular unha valoración sobre este pagamento.

Silleda, 27 de febreiro de 2012. O Concello de Silleda vén de pagar, por orde xudicial, a Sumicóns González S.L 81.760,08 euros por facturas pendentes emitidas entre os anos 2001 e 2005, durante o goberno do Partido Popular, que nunca foran reclamadas pola compañía Silledense ata ano 2008 , cando pediron ao Xulgado o seu pagamento

Esta cantidade pagada corresponde ao principal da débeda, é dicir as facturas sen os intereses por demora, que o Concello tamén está obrigado a pagar xunto cos custes xudiciais e que ascende en total a máis de 21.000 €, e que agora, nin sequera entra a negociar co Concello “están no seu dereito legal de esixir o pagamento de intereses pero non teñen dereito moral, porque agora reclaman intereses dunhas facturas que nunca lle reclamaron a quen realmente fixo o gasto”.

Ademais a alcaldesa di que lle custa entender como unha empresa silledense “trata desta forma ao Concello cando outras empresas, que non son silledenses, si optaron por facer quitas ou incluso están a negociar os intereses con nós” e recorda como a través de varios escritos dirixidos ao xulgado Sumicons Gonxalez esixiu que se lle imputaran multas coercitivas sobre o seu patrimonio personal por impagos “nunca pediron que se multara a un só membro do goberno popular”.

Por iso a alcaldesa lanza unha mensaxe ao PP silledense “estamos gobernando para solucionar a bancarrota na que nos meteron os seus compañeiros, así que esixo que nos próximos días o grupo municipal popular faga unha valoración pública sobre este pago, o da Hidroeléctrica, o de Urbaser, de Arias Hermanos, Ofitiendas e todas as sentenzas ás que lle fixemos fronte nos últimos meses, xa que de non ser por elas non tería o Concelleiro de Obras, Manuel Cuiña, que andar pedíndolle colaboración aos veciños para que paguen os materiais das nosas obras”.

A día de hoxe, recorda a Alcaldesa, que tamén, paralelo ao caso de Sumicóns González S.L., estaba o caso Urbaser, polo que tamén se condenou ao Concello de Silleda a aboar o principal e os intereses por demora que supoñían máis do dobre da cantidade incial “neste moemtno estamos negociando coa empresa os intereses logo de que houbera aceptado unha quita dun 6 % no principal” e que espera que nos próximos días se dea chegado a unha solución definitiva.

Antecedentes

Cabe lembrar, que en febreiro de 2011, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificaba a sentenza que condenaba ao Concello de Silleda a aboar a cantidade que hoxe se pagou, así como o custo do proceso, desestimando o recurso á sentencia do Xulgado de Pontevedra.

Ambalas dúas sentenzas recollen que aínda que non había vinculación contractual entre o Concello e Sumicóns González S.L. sí que había constancia dos suministros de materiais, algo que fora declarado por membros do PP que foran levados como testemuñas pola propia empresa de construcción.

Máis tarde, o Ministerio denegou os crédictos ICO para saldar esta débeda, a causa de que non se podía demostrar que existira unha relación contractual entre o organismo municipal e a empresa, algo que si era válido para as sentenzas.

Ningún comentario: