BNG Negreira – Blanco Pazos rectifica sobre a rua a Manuel Fraga

O BNG CELEBRA QUE BLANCO PAZOS RECTIFIQUE E FAGA O QUE LLE INDICABAN OS NACIONALISTAS

Antonio Ponte considera que poñerlle “Manuel Fraga” a unha rúa que xa tiña nome, era unha improvisación que perxudicaba a veciños e comerciantes.

Negreira, 25 febreiro:

O Bloque Nacionalista Galego de Negreira aplaude a decisión do Goberno Local de rectificar e non cambiar o nome da Avenida das Brañas polo de Avenida Manuel Fraga Iribarne.

O voceiro nacionalista, Antonio Ponte, considera “que foi unha improvisación que causou malestar entre veciños e comerciantes, polos inconvintes que xenera, e un Goberno debe tomar decisións escoitando á xente.”

Dende o BNG seguiremos defendendo os intereses dos veciños de Negreira, e desexamos que o Goberno Local adique o seu tempo a arranxar problemas e non a crear outros novos. Ademáis lembramos que os nomes das rúas non deben ser motivo de polémicas.

Ningún comentario: