ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS PROBAS DE AVALIACIÓN EN COMPETENCIAS CLAVE DOS NIVEIS 2 E 3
27 de febreiro de 2012.- O Concello de Oroso informa da apertura do prazo de presentación de solicitudes para inscribirse nas probas de avalación en competencias clave, niveis 2 e 3. As competencias clave son un conxunto de probas de nivel que permiten aos que se examinan acceder ás acción formativas para persoas traballadoras desempregadas (AFD).
Unhas probas que están dirixidas a persoas que non teñan a titulación de graduado en ESO, 2º de BUP, ciclo medio ou FP I (para o nivel 2) e BUP, bachiller ou FP II para o nivel 3. Máis información e inscrición no Departamento de Servizos Sociais de Oroso ou no 981 688 950. O prazo de inscrición remata o vindeiro 2 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario