Brión – novos cursos

O CONCELLO DE BRIÓN ORGANIZA UN OBRADOIRO DE PHOTOSHOP, DOUS CURSOS DE INTERNET E UN CURSO DE MANIPULADOR DE ALIMENTOS

13 de outubro de 2011.- O Concello de Brión vén de presentar a súa oferta formativa para o vindeiro mes de novembro, que inclúe un obradoiro de Photoshop, dous cursos de manexeo de Internet e un curso de manipulador de alimentos. Uns cursos para os que xa está aberto o prazo de inscrición na Casa da Cultura, no teléfono 981 509 908 ou no mail voluntariado@briondixital.org ata o vindeiro 28 de outubro.

O telecentro de comunicacións de Brión centralizará tres dos catro cursos formativos de novembro. O primeiro deles terá lugar o sábado 5 de novembro, cun obradoiro de Photoshop de catro horas de duración (de 10:00 a 14:00 horas) no que se darán unhas bases para o manexo deste programa de retoque fotográfico. O prezo de inscrición é de 10 euros.

Así mesmo, entre o 28 de novembro e o 19 de decembro terán lugar dous cursos de manexo de Internet, que terán lugar en horarios de mañá (de 10:30 a 12:30 horas) e de tarde (de 20:00 a 22:00 horas). En ambos casos, as clases terán unha duración de 20 horas e o prezo de anotación é de 30 euros.

Finalmente, o cuarto curso formativo é un xa tradicional por estas datas: o curso de manipulador de alimentos. O curso impartirase o luns 15 de novembro no centro social polivalente, en horario de 16:00 a 19:00 horas. A cota de inscrición é de 25 euros.

Ningún comentario: