O CONCELLO DE BRIÓN E ELECTRICIDAD CRUCEIRO SL FORMALIZAN UN CONTRATO PARA A REPARACIÓN E MANTEMENTO DO ALUMEADO PÚBLICO EN BRIÓN
11 de outubro de 2011.- O Concello de Brión vén de formalizar coa empresa Electricidad Cruceiro SL un contrato para a reparación e mantemento de material do alumeado público no municipio de Brión durante os vindeiros catro anos. Un contrato, adxudicado mediante procedemento aberto con multiplicidade de criterios de valoración, que ascende a un total de 40.061 euros anuais (IVE incluido), o que supón un montante total de 160.244 euros.
Electricidad Cruceiro SL resultou a adxudicataria do procedemento grazas especialmente ás melloras que comprometeu en materia de eficiencia e aforro enerxético. A empresa adxudicataria, ademais de ter presentado a proposta máis convinte para o Concello de Brión, comprometeuse a investir 24.000 euros en materia de eficiencia e aforro enerxético.
Ademais, o Concello de Brión tamén valorou que a empresa presentase unha memoria medioambiental xenérica e parcialmente adaptada á realidade do servizo, así como que dispoña dun número suficiente de medios humanos e un bo parque automobilístico e de maquinaria que lle permitirán prestar o servizo en Brión con todas as garantías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario