O Concello de Ames está repintando pasos de peóns en rúas de Bertamiráns e Milladoiro
Ames, 13 de outubro de 2011. O Concello de Ames comezou o martes a repintar os pasos de peóns de varias rúas do Milladoiro e continuará nos vindeiros días co repintado tamén en rúas de Bertamiráns. O custo deste traballo é de 5.967,64 euros. As rúas afectadas en Milladoiro son 14 e en Bertamiráns 15. As marcas viarias coma os pasos de peóns son claves para garantir a seguridade dos cidadáns que circulan a pé ou nos seus vehículos. Nos últimos meses dende o Concello detectouse un notable deterioro do estado dos pasos de peóns nas dúas principais zonas urbanas do municipio, O Milladoiro e Bertamiráns, polo que dende a Concellería de Vías, Obras, Parques e Xardíns se plantexou a iniciativa de repintar estas marcas de xeito urxente.
Os traballos executarante nas rúas Ameneiral, Fieira, Fontaldeiro, J.L.Azcárraga, Lodeiro, Pesqueiras, Pedregal, Travesía Pedregal, Poeta da Maía, Avda. Da Peregrina, Rúa do Bosque, Rúa Paxaró, Cómaro, Fragua e Entrerríos en Bertamiráns. No Milladoiro ás rúas nas que se realizará o repintado dos pasos de peón serán Agro da Madalena, Agro do Medio, Castelao, Cereixos, Cruxa, Figueiras, rúa do Francés, Moa, Panasqueira e Seidón, Xeixo, Pardiñeiros, Raxoeira e Xaquín Lorenzo. O pintado farase con pintura acrílica e microesferas de vidro nos pasos de peóns con banda de parada nos núcleos de Bertamiráns e Milladoiro. O pintado comezou o pasado martes día 11 de outubro e prevese que os traballos duren unha semana.
O Concelleiro de Vías, Obras, Parques e Xardíns, Alfredo Taboada, explicou que “esta actuación é unha primeira medida de urxencia para acondicionar a sinalización horizontal, que dará paso a máis medidas desta índole para acondicionar toda a sinalización en todo o Concello, non soamente nos núcleos urbanos”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario