O GRUPO NAVIA TEATRO ESCOLA ABRE ESTE SÁBADO O “OUTONO CULTURAL” DE BRIÓN COA REPRESENTACIÓN DA SÚA OBRA “PEDRO O CHOSCO”
14 de outubro de 2011.- O grupo de teatro afeccionado Navia Teatro-Escola abrirá mañá sábado 15 de outubro a programación do “Outono Cultural” coa representación da súa obra “Pedro O Chosco”. Unha actuación que terá lugar ás 20:30 horas no centro social polivalente de Pedrouzos (Brión). A entrada é libre e gratuita.
Este grupo de teatro afeccionado de Vigo ofreceralles aos veciños e veciñas de Brión a súa visión sobre “Pedro O Chosco”, unha personaxe fantasmagórica do mundo dos contos infantís. Unha obra que levan representando por toda Galicia nos últimos dous anos e pola que mesmo estiveron nominados aos VII Premios Buero de Teatro Joven.
Esta representación forma parte do programa “Outono Cultural” organizado polo Concello de Brión e que inclúe unha gala lírica e a actuación de seis compañías de teatro. Sete espectáculos de entrada libre e gratuita grazas á colaboración establecida un ano máis entre o Concello de Brión, a Deputación Provincial da Coruña, a Consellería de Cultura e Turismo e a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).
Ningún comentario:
Publicar un comentario