Oroso – escola de iniciación do Celta de Vigo

A ESCOLA DE INICIACIÓN AO FÚTBOL DO CELTA DE VIGO BOTA A ANDAR EN OROSO CON 31 NENOS

E NENAS DE IDADES ENTRE OS 4 E OS 7 ANOS

O concelleiro de Deportes asegura que “máis que xogar ao fútbol, trátase de coller hábitos, destrezas e coordinación para o futuro deportista”

10 de outubro de 2011.- O Concello de Oroso e o R.C. Celta de Vigo veñen de poñer en marcha esta semana a primeira Escola de Iniciación ao Fútbol de Oroso, na que participan un total de 31 rapaces e rapazas de entre 4 e 7 anos de idade. Esta Escola de Iniciación ao Fútbol de Oroso é a primeira que a Fundación Celta de Vigo pon en marcha fóra da cidade olívica grazas á colaboración do Concello de Oroso e da Escola Deportiva Xuventude Oroso.

O concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde, reuniuse cos pais e nais dos rapaces que van participar nesta escola deportiva e explicoulles que “o obxectivo principal, máis que xogar ao fútbol, é que os nenos e nenas collan hábitos, destrezas e coordinación que lles servirán como futuros deportivas, ben sexa para xogar ao fútbol ben para calqueroutro deporte”. Neste sentido, Rey Villaverde sinaloulles aos pais que “tamén lle daremos moita importancia á nutrición do neno, aos hábitos de hixene, educación, compañeirismo, etc”.OROSO - ESCOLA CELTA DE VIGO

Luís Rey estivo acompañado polo coordinador de Fútbol Base do R. C. Celta de Vigo, Antonio Otero, e polo coordinador da Escola de Fútbol de Oroso, Hugo Rama. As clases terán lugar dende esta semana no campo de fútbol de Sigüeiro todos os luns e mércores en horario de 17:30 a 19:00 horas. Nos días de moita choiva, as clases trasladaríanse de día e de lugar: os venres no polideportivo municipal de Sigüeiro. A Escola de Iniciación ao Fútbol de Oroso é a primeira que a Fundación Celta de Vigo pon en marcha fóra da cidade olívica, onde se leva facendo con éxito nos últimos tres anos.

Ningún comentario: