Silleda – xunta local de sguridade o martes 18

O vindeiro martes 18 de outubro celebrarase no Concello de Silleda a xunta local de seguridade

Silleda, 11 de outubro de 2011. A xunta local de seguridade volverá a reunirse no Concello de Silleda o vindeiro martes día 18 ás 12.00 horas. Ademais da aprobación da acta da sesión anterior na orde do día figuran cuestións coma o informe do subdelegado do Goberno en Pontevedra sobre a adaptación da composición e as funcións da xunta de seguridade, segundo figura no desposto do Real Decreto 1087/2010 do 3 de setembro, polo que se aproba o regulamento que rexirá estes órganos, ou o informe da Comisión de Coordinación Policial correspondente ao ano 2010.

Tamén se dará conta do informe sobre a evolución da criminalidade no periodo 2000-2010 e se abordarán cuestións como o informe da Policía Local sobre a valoración do estado en que se atopa a colaboración entre o Concello de Silleda, e a Dirección Xeral de Tráfico. No tocante á violencia de xénero, na sesión tamén se analizará o informe da responsable da Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno e se formularán, se procedo, propostas e acordos ao respecto.

A xunta de seguridade está conformada por representantes da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, representantes da Garda Civil, Policía Local e membros do goberno municipal.

Ningún comentario: