Teo – novo tractor

O DEPARTAMENTO DE SERVIZOS BÁSICOS CONTA DENDE HOXE CUN NOVO TRACTOR QUE PERMITIRÁ MELLORAR A OPERATIVIDADE DO SERVIZO

· Durante os meses do verán sobre todo, o Concello víase obrigado a externalizar servizos de limpeza en pistas

· O novo vehículo é un John Deere modelo 6230 Star con cabina abatible

10 de outubro de 2011. Esta mañá comezaba a traballar un novo tractor que se unirá á maquinaria do Departamento de Servizos Básicos. O concelleiro da área, Xurxo Francos, acompañado do alcalde, Martiño Noriega, recibía a media mañá o novo vehículo nas inmediacións da Casa do Concello, para a continuación comezar a ser usado por un dos tractoristas municipais.

O Concello vén de realizar un contrato de suministro dun tractor para Servizos Básicos xa que segundo explica o concelleiro “un dos tractores que tiña o Concello xa non respondía ás necesidades do departamento”. De feito este vello modelo Lamborghini foi entregado tamén na operación de suministro da nova máquina. TEO - NOVO TRACTOR

Xurxo Francos continúa explicando que “en momentos puntuais como é o verán o Concello víase obrigado a contratar a empresas traballos de limpeza en pistas municipais”. Esta nova incorporación de maquinaria permitirá mellorar a operatividade do servizo, e minimizar os traballos externalizados, o que redundará nun aforro económico ó final do ano. O edil tamén destaca que este vehículo é un pouco máis pequeno que outro co que xa conta o servizo, permitindo realizar maniobras máis complexas en menos espazo, o que resulta de especial interese para determinados núcleos rurais nos que o acceso é complicado.

O novo tractor é un John Deere modelo 6230 Star con cabina abatible e chasis integral. Ten dobre tracción con conexión electro hidráulica e ademais vén cun brazo lateral para utilizar unha desbrozadora.

Este vehículo usarase sobre todo en traballos de limpeza de pistas, cunetas ademais de colaborar en momentos puntuais con outros servizos como por exemplo protección civil en incendios forestais abrindo zonas de difícil acceso.

Ningún comentario: