Oroso – calusura mostra Goisoroso

MANUEL MIRÁS DESTACA O GOISOROSO ARTE COMO FORO PARA O DESCUBRIMENTO DE NOVOS ARTISTAS

Máis de setenta veciños participaron na clausura da mostra, que incluíu unha actuación musical do grupo Néboas

13 de outubro de 2011.- Máis de setenta veciños e veciñas de Oroso encheron o auditorio do centro cultural Fernando Casas e Novoa durante a clausura da exposición internacional “GoisOroso Arte 2011”, que tivo lugar na noite do martes. Un acto que incluíu unha actuación musical do grupo Néboas, conxunto de Sigüeiro que participou este ano na inauguración deste certame na localidade portuguesa de Góis.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou que o papel de GoisOroso Arte como foro para o descubrimento de novos valores da arte. “Este ano pasounos con Tino Cuesta, que foi o noso representante en Góis e descubrimos que é un gran artista. Pero non é o primeiro caso, pois o GoisOroso Arte serviu para descubrir a varios artistas, xente que se deu a coñocer grazas a estas exposicións”.OROSO - CLAUSURO GOISOROS

Constantino Cuesta, representante do Concello de Oroso na exposición celebrada en Góis, tamén participou no acto de clausura da exposición. Cuesta, médico no centro de saúde de Oroso, destacou que para el “a arte é un flotador e invítovos a todos a que fomentedes hobbies como a arte, pois serán o flotador que vos axude a mantervos a flote na vosa vida”. Finalmente, o concelleiro de Cultura, Antonio Leira, agradeceu a colaboración de Cuesta e do Grupo Néboas para que “GoisOroso Arte 2011 fose todo un éxito grazas á colaboración de todos e todas”.

A exposición GoisOroso Arte estivo exposta ao público ao longo das últimas tres semanas e media no centro cultural de Sigüeiro, onde foi visitada por numerosos veciños e veciñas de Oroso. Incluíu un total de 56 obras de artistas galegos e portugueses, tanto de pintura como de escultura, que reflexionaban sobre o valor da solidariedade no mundo actual. Os artistas que participaron nesta edición foron: Acácio Malhador, Alberto Sanmiguel Rodríguez, Alfonso Rivero de Aguilar, Ana D. Abella López, Ana I. Rodríguez, Trelles, Ángeles López Fraga, Armando Martínez, Aurora Santos, Belén Rodríguez Pazo, Blanca Aroca, Camarro, Carel Verlegh, Carlos Fernando Antunes, Carlos Pereira da Silva, Carmen Sevillano, Carolina Caixeiro, Cosme, Eduardo J. Ortun, Estrela Rúa Barcia, Fernando Martins, Fran Lareo, Francisco Maceira Rodríguez, Guadalupe García Ferreiro, H. Mourato, Henrique Tigo, Herman Mertens, Hiroshi Umezaki, Isabel Rodríguez Galán, Jorge Miguel Pinho de Almeida, Julia Jiménez, Lucía Dubra Ríos, María Dolores Rodríguez Martínez, María Esther Rodríguez Noya, María José Fiaño Lois, María José Rodríguez, Madalena Bandeira, Manuel Coelho Pinto, Margarida Lourenço, Marina Cocós, Mário Silva, Mary Carmen Calviño, Nando Pereiro, Nolo Suárez, Óscar Aldonza Torres, Paz Vicente, Pedro Pinto, Pepa Mariño, Sabela Roma, Silvia Peça, Tino Cuesta e Xoán Vila.

Ningún comentario: