Santiago – corte de tráfico na rúa San Francisco

ASUNTO: corte de tráfico na costa de San Francisco

Por mor de obras de reparación do pavimento, a costa de San Francisco permanecerá cun único carril de circulación dende o vindeiro xoves, 13 de outubro, ata o venres 27 de outubro, de tal xeito que só se permitirá o tráfico de baixada pola devandita costa.

Polo tanto, quedará prohibida tamén a subida dos vehículos pola rúa de Domingo García-Sabell para acceder a San Francisco. Os vehículos que, procedentes de Galeras, queiran acceder a San Francisco, deberán seguir ata o cruce coa rúa de Morón, xirar á dereita e seguir por esta rúa e pola rúa dos Castiñeiros ata San Francisco.

Todos estes desvíos estarán debidamente sinalizados. Nas horas punta do día a Policía Local regulará o tráfico no cruce do Sacho debido ao previsible incremento do tráfico neste punto.

O Concello de Santiago de Compostela prega a todos os cidadáns desculpen as molestias que esta alteración no tráfico lles poida ocasionar.

Ningún comentario: