CIPA Padrón - Denuncia ante a Xunta pola desfeita entre o Monte San Gregorio e Lobens



Eloy Rodríguez Carbia,  concelleiro e portavoz do grupo político da C.I.Pa (Converxencia de Independentes de Padrón) 

Presenta DENUNCIA perante a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, unidade de conservación da natureza polos seguintes feitos:

Entre os días 1 e 20 de outubro de 2.015 a Comunidade de Montes en man común de Extramundi (Padrón) procedeu á devasa do monte da súa propiedade dende o Monte San Gregorio ata Lobéns, nun tramo aproximado de 3 Kms a ámbalas marxes (15-20 m/a cada marxe) da pista forestal que conduce á estrada DP 3302.

Unha actuación que nun principio considerabamos necesaria pola maleza que chegaba ás beiras da citada pista, pero a medida que os traballos avanzaban démonos conta que a actuación que se estaba a executar carecía dos máis elementais procedementos técnicos de control e respecto pola natureza.

A empresa encargada de facelas labores, sen identíficación, cun vehículo 4x4 de cor branco, e composta por dous operarios provistos de rozadora manual procedían a actuar en ámbalas dúas marxes da pista forestal, auxilíados por un tractor provisto de rozadora que arrasaba con todo o que atopaba ao seu paso principalmente especies de 5- 6 anos de: piñeiros, castiñeiros, edreiras e carballos americanos que se plantaran facía aproximadamente 6 anos.

As especies arrancadas e taladas sen ningún criterio e control eran retiradas por veciños con chimpíns e vehículos provistos de remolques durante as 2 semanas que duraron os traballos.

Estes traballos supostamente financiáronse pola Consellería de Medio Rural e causaron un impacto medio ambiental negativo sobre especies autóctonas ao non executarse con criterios adecuados e espallando os despoxos da roza na propia pista e os seus arredores, ademais doutros desperdicios, sirva como exemplo que un veciño recolleu unha bolsa de latas de cervexa dos operarios que estaban a traballar e que estaban tiradas no monte.

É polo que como concelleiro SOLICITO se me informe:

1°.- Do proxecto ou memoria de actuación que se presentou por parte da Comunidade de Montes en man común de Extramundi (Padrón) para realizar o que vulgarmente se denomina unha desfeita, ao non existir criterio de execución e arrasar con todas as especies que se atopaban o seu paso.

2°.- Se me informe si a citada actuación estaba suxeita a labores de control e seguimento por parte da Consellería e de ser afirmativo quenes deberían controlar e supervisar os traballos realizados.

3°. - Se a actuación executada está subvencionada pola Administración.


4°.- Apertura dun expediente no que se propoña dirimir responsabilidades pola actuación realizada por quenes mandaron executala e quenes o permitíron, coa finalidade de esclarecelos feitos e evitar que no sucesivo se volvan a producir este tipo de actuacións tan negativas que atentan contra o medio ambiente e a conservación da natureza. 

5°.- Se me informe por escrito, en base ao dereito á informacíón, que como concelleiro me corresponde das actuacións realizadas ao respecto por esa Dirección Xeral. 

Na Vila de Padrón a 22 de outubro de 2015 O portavoz da C.I.Pa

Ningún comentario: