Pacto X Ames - Sobre a revisión do catastro

Pacto x Ames nega rotundamente que a moción presentada no pleno en outubro 2014, aprobada por unanimidade pedindo a revisión catastral, fora o que motivara as cartas que están chegando do Catastro, a proba é que esta situación afecta a máis concellos que Ames.

O PP de Santiago Amor sigue na oposición coas súas políticas habituais do engano e a manipulación que o levaron a obter os peores resultados da historia de Ames e de Galicia. Unha vez máis intenta confundir a opinión pública mesturando Churras con Merinas co único fin de tapar as súas vergonzas.

Pacto x Ames quere deixar ben claro que o procedemento iniciado polo Catastro reclamándolle aos veciños 60€ é un procedemento de REGULARIZACIÓN CATASTRAL e non de REVISIÓN CATASTRAL. NADA TEN QUE VER COA REVISIÓN CATASTRAL COMPLETA pedida na moción aprobada no pleno de outubro do ano pasado e acusa ao PP de querer enganar unha vez máis aos veciños para tapar as graves carencias e a mala fé do aínda portavoz do PP de Ames.

Polo tanto, ante as falsidades e manipulacións que o PP de Santiago Amor está facendo deste tema, dende Pacto x Ames queremos deixar claro o seguinte:

1. O procedemento comezado agora polo Catastro, chámase REGULARIZACIÓN CATASTRAL e NADA ten que ver con unha REVISIÓN CATASTRAL COMPLETA que foi o aprobado por unanimidade no pleno de outubro pasado a iniciativa dos concelleiros de PxA. Esta REGULARIZACIÓN afecta EXCLUSIVAMENTE ás persoas que fixeran algunha mellora na súa vivenda, que construíran un pallete, garaxe, piscina etc. E que non foran notificadas ao Catastro.



2. O procedemento comezado agora polo Catastro afecta a VARIOS CONCELLOS do noso entorno, polo tanto, cómo é posible que unha moción presentada para o ámbito municipal de Ames afecte a máis concellos que ao noso? Esa é a proba máis clara de que o PP de Ames falsea a realidade.



3. O procedemento de regularización que se está facendo dende a Delegación de Economía e Facenda de A Coruña é de aplicación, a partir da resolución do 9 de decembro do 2014 (BOE do 15 decembro 2014), da Dirección Xeral do Catastro, que inclúe dentro da Xerencia Rexional de Galicia-A Coruña a regularización para os concellos de Ames, A Baña, Corcubión, Dumbría, Frades, Laxe, Neda, Ortigueira, Outes, Paderne, Ponteceso, As Pontes de García Rodríguez e Teo. Polo tanto, queda demostrado que a moción de PxA aprobada por unanimidade NADA TIVO QUE VER NESTE PROCEDEMENTO.







4. A moción presentada por PxA ten dou obxectivos, aínda vixentes, fundamentais:

a) Rebaixar a contribución (IBI) de todo Ames.

b) Librar do pago aos numerosos propietarios de Ames que teñen o solo como urbano sen estar urbanizados, e pagan o IBI como urbano.



5. Pacto x Ames sempre apostou por unha rebaixa da contribución (IBI) e dende a oposición utilizou todas as fórmulas posibles para intentar conseguir ese obxectivo pero SEMPRE se atopou coa oposición frontal do PP de Santiago Amor que desprezou e silenciou as nosas iniciativas e despois intentaba levalas a cabo pola porta de atrás e moitas veces de forma errónea.





6. Nesta nova etapa de goberno tripartito, PxA seguirá traballando para que a rebaixa dos impostos sexa unha realidade, especialmente a contribución (IBI) que é das máis altas do noso entorno.

Ningún comentario: