APECSA - Entrega do premio de Divulgación do Camiño de Santiago

O catedrático de Literaturas Románicas da Universidade alemana de Kiel, Javier Gómez-Montero, coordinador e editor da obra Imaginarios jacobeos entre Europa y América, publicada pola editorial Peter Lang, en 2014, foi o gañador do III Premio Internacional APECSA 2015 de Divulgación do Camiño de Santiago, convocado pola Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA), segundo o fallo por unanimidade do Xurado, presidido polo director de comunicación da Universidade de Santiago e vicepresidente da Asociación que convocou o Premio, Luís Celeiro Álvarez, e integrado por Javier Goyanes Vilar; Carmen Prado Pico, Inés Iglesias Amorín e, como secretaria, Purificación Carballo.

O xurado considera a obra premiada como unha valiosa contribución ao estudo da pegada da figura do Apóstolo Santiago e das manifestacións xacobeas en América Latina. Está estruturada en doce estudos e cinco cadernos de imaxes na que se analiza a influenza das lendas, mitos, festas, ou costumes populares na arte, a literatura, a iconografía ou mesmo nas propias tradicións orais de Iberoamérica. Na acta valorase positivamente os traballos presentados á terceira edición destete concurso, co que se trata de “distinguir o mellor traballo de difusión e promoción vinculado ao mundo xacobeo, publicado ou realizado nos dous anos anteriores ao desta convocatoria (2013 e 2014)”.

A Asociación APECSA, que preside José María García Palmeiro, fai una convocatoria pública para o acto de entrega do premio, que consiste nunha escultura do lucense Luís Loureira, para hoxe mércores, día 21 de outubro, ás 17:00 h. no Consello da Cultura Galega, en Santiago de Compostela.

Ningún comentario: