A organización xuvenil do BNG, Galiza Nova, organiza este xoves dende as 21 horas un magosto nacional popular, con castañas de balde e bebida e comida a prezos populares. Dito magosto terá lugar en Santiago de Compostela, no pub Avante.
As mocidades nacionalistas sinalan que a xornada “de festa e rebeldía” estará amenizada cunha foliada e cun concerto do grupo musical Session Vermú.
Dende Galiza Nova organizan este magosto coa intención de que “sirva de convivio entre as mozas e mozos que queremos mudalo todo, que nos rebelamos contra as inxustizas e contra o espolio á mocidade galega”, polo que animan a toda a mocidade “a participar do magosto e pasar unha boa noite de castañas, música, baile e rebeldía”
Ningún comentario:
Publicar un comentario