O BNG de Ordes ven de presentar este Luns unha moción para baixar o imposto de bens e inmobles, imposto mais coñecido como a contribución.
O concelleiro nacionalista, Pablo Vidal Ríos, manifesta que “Na pasada lexislatura levouse a cabo unha revisión catastral na que entre outras cousas, aumentouse o valor catastral dos bens inmobles, e polo tanto o IBI.”
Vidal afirma que, “Esa suba non a aplicaron de golpe, se non que quixeron camuflala cun prorrateo ata o ano 2023, por iso sobe o imposto ano a ano”.
Desde o grupo nacionalista indícase que “Nun momento como o actual, onde moitas familias están pasando graves apuros económicos, non se pode pretender afogalas a impostos e menos con subidas brutais como a do IBI en Ordes”.
O BNG expón que “o que se propón é baixar o tipo impositivo do 0,6% ao 0,56% tanto para o IBI rústico como para o urbano, medida coa cal no ano 2016 conseguiríase unha baixada de impostos duns 150.000 euros no conxunto da veciñanza de Ordes”
Ningún comentario:
Publicar un comentario