![]() |
| Podium masculino |
A localidade de Bertamiráns acolleu este domingo, 18 de outubro, unha nova edición da Carreira Pedestre Popular Concello de Ames. Os corredores que participaron na proba absoluta tomaron a saída ás 10:30 horas da mañá dende o contorno do Pazo da Peregrina. Nesta proba participaron os atletas das categorías júnior, promesa, sénior e veteranos, é dicir, os nacidos no ano 1997 e anteriores, que percorreron un total de 10.200 metros.
Este ano os gañadores absolutos da carreira foron Abdelkader Bouguerroudj, na categoría masculina, cun tempo de 33:08, e Raquel Seco Pedrosa, na categoría feminina, cun tempo de 38:57. No segundo posto na categoría masculina quedou Gustavo Ríos e terceiro foi Juan Pablo Fernández, mentres que na categoría feminina, Marinela Mayo foi segunda e Esther Pedrosa quedou terceira.
![]() |
| Raquel Seco Pedrosa |
Ás 12:00 horas, trala competición absoluta, disputouse a proba da categoría pitufo –nados no ano 2011 e posteriores–, que correron unha distancia de 200 metros. A esta seguíronlle os grupos de prebenxamíns (350 metros), benxamíns e alevíns (1.000 metros), infantís (2.000 metros) e cadetes e xuvenís (2.800 metros), é dicir, todos os nacidos entre os anos 1998 e 2010.
Unha vez rematadas todas as carreiras procedeuse á entrega de trofeos no podio instalado nos exteriores do Pazo da Peregrina. O control da carreira estivo a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo na Delegación de Santiago de Compostela.


Ningún comentario:
Publicar un comentario