Teo renova o revestimento da piscina de Luou

Teo, 14/6/2016 - O Concello de Teo ultima as obras de renovación do revestimento da piscina de Luou, previas á apertura das instalacións desde o vindeiro sábado, 18 de xuño. O alcalde de Teo, Rafa Sisto, afirma que “é unha iniciativa acometida con fondos municipais, supón un paso máis na posta ao día deste espazo e permite unha maior seguridade na súa utilización”.

Milladoiro terá unha Noite en Branco

Ames, 14/6/2016 - Dúas asociacións de comerciantes colaboran para dinamizar a noite do Milladoiro. A Asociación de Empresarios, Comerciantes e Profesionais do Milladoiro (AEMI) e o Centro Comercial Aberto Palmira Bulevar organizan o próximo 17 de xuño a primeira Noite en Branco no Milladoiro. 

Jornadas sobre o Outro México: Resistências, Comunalidade e Autogoverno

Santiago, 14/6/2016 - Esta semana, sexta feira 17 e sábado 18 de junho, no C.S. O Pichel (Santa clara, n.º 21) teram lugar umhas jornadas nas que poderemos achegar-nos a situaçom política, social e cultural do outro México

Artesanía de Galicia enche a Fundación Granell de Obradoiros

A Fundación Centro Galego da Artesanía e o Deseño en colaboración coa Fundación Eugenio Granell achegará este verán a marca Artesanía de Galicia á cidadanía compostelá e ao numeroso público foráneo que visita Santiago de Compostela a través do proxectoArtesanía de Galicia.

O Concello de Silleda adquire o quiosco da Avenida do Parque

 Silleda, 14/06/2016 - O Concello de Silleda ven de firmar a compra do quiosco situado na Avenida do Parque, xestionado no seu momento por Cogami e que agora era propiedade da Rede Galega de Kioskos, empresa actualmente en liquidación.

Ames abre os prazos de inscrición nos cursos de natación de verán

Ames, 14/6/2016 - O Concello de Ames, a través da concellaría de Deportes, abre o prazo de inscrición dos cursos de natación do vindeiro mes de xullo, que se desenvolverán nas piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e do Milladoiro.

O matemático responsable dos efectos de Frozen explica algúns dos secretos da película

Santiago, 14/6/2016 - A Universidade de Santiago está a ser esta semana a sede dun encontro internacional no que destacadas figuras do eido dos negocios, a ciencia e a academia se reúnen para promover o uso das matemáticas innovadoras na industria.

El Punto! Danza Teatro presenta ‘El Olimpo no es aquí’

Santiago de Compostela, 14/6/2016 - A compañía andaluza El punto! Danza Teatro chega a Compostela dentro do circuíto Danza a Escena de La red de Teatros, Auditorios, Circuítos y Festivales do INAEM. Estarán este xoves 16 de xuño na sala Agustín Magán ás 20.30 h co seu espectáculo de danza urbana ‘El Olimpo no es aquí’.

XII Campus de Verán do Santiago Futsal

Santiago, 14/6/2016 - Entramos na derradeira semana de prazo para inscribirse no XII Campus de Verán do Santiago Futsal. Esta XII edición inclúe varias novidades, entre a que destacan o servizo de gardería e o intercambio de actividades co campus do Real Aeroclub de Santiago de Compostela.

Universidad e Consellaría de Educación impulsarán a investigación en biomedicina e física

Santiago, 14/6/2016 - O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Juan Viaño, e o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, asinaron este luns un convenio de colaboración coa fin de impulsar a investigación universitaria nas áreas de biomedicina e biotecnoloxía así como na de física.

Obradoiro de graffiti no concello de Vedra

Vedra, 14/6/2016 - O concello de Vedra organiza o próximo sábado un obradoiro de graffiti aberto a todo o mundo.

Celtalga Extract, la primera bio gallega que acude al ‘crowdfunding-recompensa’

 Santiago. 14/6/2016 - Celtalga Extract, la ‘spin-off’ de la Universidade de Santiago (USC) especializada en extractos de algas de la costa gallega, está inmersa en un proyecto de ‘crowdfunding-recompensa’ para conocer cuál es la respuesta del mercado a su futura línea de cosmética ecológica Sálvora.

O Psoe pide ao alcalde de Ordes rigurosidade nos plenos


Ordes, 13/6/2016 - O PSOE de Ordes insta ao alcalde ordense, José Luís Martínez Sanjurjo, a ser máis rigoroso coas súas afirmacións nas sesións plenarias e a recoñecer que as achegas da Deputación Provincial da Coruña ao Concello de Ordes medraron este ano en 27.857,06 euros con respecto ao ano pasado.

Esta semana Santiago acolle o XXI Foro España - Estados Unidos

Santiago, 13/6/2016 - O XXI Foro España - Estados Unidos reunirá en Santiago de Compostela a 110 expertos e participantes da Fundación Consello España - EE.UU. e do seu contraparte estadounidense, o United States - Spain Council, os próximos 17 e 18 de xuño.

Ames solicítalle a Xunta melloras no Camiño de Santiago a Fisterra

Ames, 13/6/2016 - O goberno municipal púxose en contacto coa consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia para solicitarlle que estudasen a posibilidade de pintar dous pasos de peóns en lugares próximos ao Camiño de Santiago – Fisterra e que entre os meses de maio e outubro teñen un gran tránsito de peregrinos.

O CLUB Raxoi de Hockey recolleu a medalla de bronce da liga

Santiago, 13/6/2016 - Na mañá de onte,  domingo 12 de xuño, as categorías base do Hóckey Galego celebraron a súa festa de despedida.

Presentouse no campo do Milladoiro o III Campus da Fútbol da Fundación Celta en Ames

Ames, 13/6/2016 - O campo de fútbol do Milladoiro acolleu a presentación do Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo, que se desenvolverá nestas instalacións entre 27 de xuño e o 1 de xullo.

130 persoas participaron na ruta entre as minas de San Finx (Lousame) e San Ramón de Bealo (Boiro)

Lousame, 13/6/2016 - Unhas 130 persoas participaron na ruta de sendeirismo entre as Minas de San Finx e San Ramón de Bealo, que por cuarto ano consecutivo organizan os Concellos de Lousame e de Boiro.

Área Central acolle a mostra "Refuxiados sen camiño" do fotoxornalista Gabriel Tizón

A esquina verde da planta primeira de Area Central acolle durante o mes de xuño a exposición "Refuxiados sen camiño" do fotoperiodista galego Gabriel Tizón. En colaboración coa Concellaría de Política Sociais do Concello de Santiago, esta mostra componse de 24 paneis de gran formato que mostran 48 fotografías que Gabriel Tizón fixo nos campamentos de refuxiados de Idomeni. 


A próxima fin de semana terá lugar o Torneo do Apostol de rugby

Santiago, 13/6/2016 - Este próximo sábado 18 o "Santiago Rugby Club" celebrará a terceira edición do "Torneo do Apóstolo" de Rugby na súa modalidade de seven.