O Concello de Melide ven de aprobar 383.117,30 € en Xunta
de Goberno Local que corresponden a bens e servizos do ano 2011 e do ano en
curso.
- A
XGL ven de aprobar todas as facturas que constaban no rexistro do Concello
dende o 1 de xaneiro ate o día 13 de abril deste ano das cales corresponden
a servizos ou bens recibidos no exercicio 2011 por importe de 86.425,02 €
e outras do ano en curso que ascenden a 296.692,28 €.
- O esforzo económico realizado polo Concello de Melide é moi grande ao intentar na medida das posibilidades levar as contas ao día a pesares de facerse cargo en tan só un ano de toda a débeda acumulada.