Santiago - 9 premio Auditorio de Galicia para novos artistas

A concelleira de Cultura, María Antón, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, presentaron esta mañá as bases dos premios Auditorio de Galicia para novos artistas 2015, que chegan xa á súa novena edición. Comezaron a celebrarse con carácter anual, no ano 2001, para pasar a ser bienais, propiciando un tempo imprescindible, tanto para dar cabida a novos artistas como para permitir aos que se veñen presentando as sucesivas edicións, afondar nas liñas de traballo.

O prestixio acadado converten aos premios Auditorio de Galicia, nun dos máis esperados e importantes de Galicia, nun momento no que desapareceron outras convocatorias e no que o apoio a actividade artística resulta imprescindible para propiciar a creación. Unha convocatoria querida e requirida polos artistas como plataforma para entrar no circuíto profesional ou para que a súa obra poida ser visitada polo público interesado e por galeristas ou críticos. Para moitos dos artistas que se presentan será a primeira experiencia nunha sala de exposicións, un reto no que de novo poderemos constatar a excelencia duns artistas que de seguro nutrirán durante moito tempo a creación en Galicia.

A dotación dos premios, apoia de forma directa a tres dos artistas participantes: en maior medida para o primeiro premio que, con 6.000 euros, poderá ser axuda para producir obra, continuar investigando, formándose... apoiando cuestións para as que os artistas non atopan facilidades e recursos. Haberá un segundo premio de 1.000 euros e intervención na Zona C (por un importe máximo de 2.500 euros) e un accésit de 1.000 euros.

E tamén fai o premio atractivo o nomeamento dun xurado profesional que se intenta que sexa diferente en cada convocatoria propiciando o debate e a opinión. Nesta edición o xurado está composto por:

·Presidente do Consello Reitor do Auditorio de Galicia ou persoa en que delegue, como presidente deste xurado.

·Don David Barro López, director da Fundación Luis Seoane.

·Dona Carmen Fernández Rivera, directora do Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC).

·Don Román Padín Otero, profesor da Esdemga e crítico de arte e moda.

·Dona Mar Rodríguez Caldas, profesora na facultade de Belas Artes, comisaria e artista.

·Director-xerente do Auditorio de Galicia ou persoa en quen delegue, que actuará como secretaria/o deste xurado, con voz e sen voto.

Un xurado que fará unha preselección de obras vendo os seus dossieres nunha primeira reunión. Eses seleccionados terán que enviar a súa obra ao Auditorio de Galicia que organizará unha mostra con todas eles dando vida a unha exposición que se inaugurará no ano 2016. Xa vendo en directo as propias obras, noutra xuntanza, o xurado elixirá as gañadoras. Nesta selección de seguro haberá grandes propostas que virán a completar a nómina de artistas que consolidaron traxectoria logo de estar nestes Premios. Este é o listado dos gañadores do primeiro premio ata o de agora:

2001. Raúl Pereira (Pontevedra, 1977)
2002. Lorena Gómez (Ourense, 1978)
2003. Rubén Ramos Balsa (Santiago de Compostela, 1978)
2005. Pablo Pérez Sanmartín (Vilagarcía de Arousa, 1980)
2007. Manuel Eirís (Santiago de Compostela, 1977)
2009. Holga Méndez (Pontevedra, 1971)
2011. Federico Vladimir Strate Pezdirc (Bos Aires, Arxentina, 1983)
2013. Olaia Sendón (A Coruña, 1978)

Ademais, as obras seleccionadas pasaran a ser patrimonio de todos e todas xa que quedan recollidas nas publicacións que se soben ao espazo web e-audiotoriodegalicia.net

Poderán participar artistas individualmente ou como colectivo, que nacesen ou residan en Galicia, menores de 40 anos a 31 de decembro de 2015.

O prazo para presentarse remata venres 30 de outubro e desde o Auditorio de Galicia convidan a todas e todos os artistas a presentarse ao Premio.

Área central - Salón del libro

Area Central conmemora desde hoy viernes el Día del Libro con la instalación en la esquina roja del Salón del libro, de la mano del Consorcio Editorial Galego. En él, los visitantes de Area Central podrán encontrar un amplio abanico de obras literarias de diferentes editoriales.
El Salón del libro se podrá visitar hasta el próximo 26 de abril y trae consigo actividades relacionados con los libros. Los viernes y sábados los niños podrán asistir a cuentacuentos y talleres de manualidades. La actividad se desarrollará a las 19.00 horas al lado del propio stand de venta de libros.
Hoy viernes, la actividad versará sobre el cuento Sofía, a vaca que amaba a música y después los niños realizarán armónicas.  El cuentacuentos de este sábado será sobre el libro Nadarín y los asistentes elaborarán peces a partir de CD´s.
También rastro de antigüedades y “Sábados creativos”
Además del cuentacuentos del Salón del libro, Area Central acogerá este sábado una sesión nueva de “Sábados creativos”, con los responsables de la Asociación Planeta Shalom. En esta ocasión, los participantes podrán elaborar diferentes instrumentos musicales con material de reciclaje. La sesión será a partir de las 18.00 horas en la esquina amarilla de Area Central.

Por último, como todos los segundos sábados de mes y domingo, los amantes a los objetos antiguos tienen una cita en el rastro de antigüedades, que se celebrará en la esquina roja de Area Central.

De esta manera, Area Central ofrece a sus visitantes de este sábado tres actividades diferentes repartidas por los pasillos del centro comercial.

BNG Trazo - Martín Rei Leis encabezará a candidatura do BNG no concello

Mocidade, compromiso, forza e moitas ganas de traballar para mellorar a calidade de vida das veciñas e veciños do concello son os sinais de identidade das persoas que configuran o primeiro tramo da candidatura do BNG de Trazo, que encabezará Martín Rei Leis. Canda el, Lucía Noia, de 23 anos, ocupa o segundo posto, seguida de Xosé Mª Fernández, de 44 anos; Cesar Boquete, de 37 anos e Vanesa Rei de 26 anos.

Martín Rei Leis, aos seus 24 anos, está a piques de rematar os estudos de enxeñería de Obras Públicas e o ciclo de imaxe. Para este mozo cheo de ilusión e de ganas de dalo todo polo seu concello, o máis salientábel deste primeiro tramo xa ratificado pola asemblea local é que se trata dunha candidatura renovada mais tamén nova, composta por persoas, homes e mulleres, que se presentan co “firme compromiso de transformar Trazo para que, dunha vez por todas, se abra ás veciñas e veciños apostando por priorizar, en todas as políticas municipais, as necesidades das persoas e non outras”.

Rei entende que é “vital” escoitar e atender as demandas das asociacións veciñais, culturais e deportivas, e recuperar o dinamismo económico local promovendo os sectores produtivos do concello, desde o comercio ou o turismo, até o agropecuario.

Transparencia absoluta
Para o BNG de Trazo é imprescindíbel que muden radicalmente as formas de gobernar. “As veciñas e os veciños teñen dereito a estar informados en todo momento para poder contribuír na construción dun concello mellor”. Por iso asegura que o Bloque dará conta, polo miúdo, de toda canta decisión se tome, “do que pasa no concello, cando son os plenos ou en que se está a gastar o diñeiro”.

O BNG denuncia que hai moitos servizos infrautilizados ou que desaparecen simplemente por non informar debidamente dos mesmos, como por exemplo das liñas de bus con Compostela. Fronte a isto, “queremos dotar a Trazo daqueles servizos que as veciñas e veciños consideren necesarios para facer uso deles”.

Entre os servizos que consideran esenciais o BNG salienta os centros de saúde. Neste sentido aposta por que se inclúan no PAC de Santiago, para que a veciñanza non teña que trasladarse a Ordes e demanda un Centro de Día. Respecto doutras infraestruturas subliña que “Trazo non precisa unha autoestrada, mais si que se conserven e amañen as estradas e a sinalización existente”.

Santiago - triCiclo 8 no Compostela RocK

Unha nova edición do TriCiclo, e xa van oito, chega á Sala Capitol cos norteamericanos Russian Circles (Chicago) e Helms Alee (Washington) como protagonistas, que estarán acompañados na súa primeira visita a Galicia polos pontevedreses Cuchillo de Fuego. Será hoxe, venres 17 a partir das 20.30h e dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas teñen un prezo de 12 euros anticipada e 15 euros o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en Ticketea, salacapitol.com e A Reixa Tenda.

O de Russian Circles é un deses casos nos que se cumpre esa máxima que di que non é necesario inventar nada mentres sexas bo no que fas. A súa fusión de rock e metal converteunos nunha das bandas máis importantes do momento no seu estilo. Despois de máis de 10 anos na brecha, con cinco álbums e concertos por todo o mundo, os de Chicago veñen por primeira vez a Galicia para participar no TriCiclo.

O trío de Washington, Helms Alee, representa o espírito musical do novo século, unha banda onde talento individual e consenso compositivo dialogan en igualdade de condicións. É imposible non alucinar co ciclópeo baixo de Dana James, prostrarse ante a versatilidade infinita do guitarrista Ben Verellen (dono da súa propia empresa de amplificadores) e terminar dobregado coa clase e pegada sobrehumana da señorita Matheson-Margullis, a estrela máis brillante deste excelso firmamento.

Cuchillo de Fuego son a guinda ao pastel duns anos nos que a música realmente independente floreceu en Galicia con agreste fereza, os pontevedreses son a crista de sangue na que rompe esa onda autoxestionada, libre e nova. Expansivos, encabuxados, plenos de humor agridoce e (auto)crítica social e persoal, son desde xa una desas bandas vitais e necesarias capaces de definir a súa época.

Santiago - Dantzaz Konpainia, danza no Auditorio de Galicia

A compañía vasca Dantzaz Konpainia chega a Compostela para presentarnos ‘Flash!’ dentro do ciclo Danza 2015. Será hoxe, venres 17 de abril a partir das 18.30h no Auditorio de Galicia. As entradas teñen un prezo de 12 euros e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18.00 a 21.00h), en entradas.abanca.com, no 902 434 443 e o propio día no Auditorio de Galicia desde as 18.00h

Flash! é o resultado da colaboración de dous galardoados coreógrafos de recoñecido prestixio con Dantzaz Konpainia cuxo froito é un tríptico de danza formado por Few Brief Sequences (do israelí Itzik Galili), Things I told nobody e Flash Deluxe (do polaco Jacek Przybylowick).

Sedución e plasticidade, enerxía e delicadeza… acrobacias e poesía mestúranse nunhas coreografías nas que a música nace de percusións tribais e de autores barrocos e clásicos (Marais, Mozart, Vivaldi, Haendel, Satie) e a iluminación convértese en protagonista, recreando espazos irreais, cortes barrocos e frenéticos aquelarres… Flash! reúne todos os ingredientes necesarios para un gran serán de danza con Dantzaz Konpainia, compañía profesional residente no Datzagunea de San Sebastián vinculada a unha plataforma pedagóxica que, con excelentes resultados, forma e promove a bailaríns de toda Europa para conseguir o seu primeiro emprego en compañías de primeira liña internacional.

Bailaríns: Jone Ameaga / Carmen Derré / Garazi Etxaburu / Valerio Di Giovanni / Axier Iriarte / Sune Klausen / Richard de Leyos / Agustín Martínez / Nora Paneva / Paula Parra / Josu Santmaría / Rafke Van Houplines

Jacek Przybylowicz / Itzik Galili coreografía
Adriana Pous dirección escénica
Nastaja Lansen / Jacek Przybylowicz / Itzik Galili vestiario
Jacek Przybylowicz / Itzik Galili / Yaron Abdulafia deseño iluminación
Marin Marais / Erik Satie / Wolfgang Amadeus Mozart / Antonio Vivaldi / Georg Friedrich Haendel / Percossa / Paskal Indo música orixinal

Dantzaz Konpainia / Euskadi. 80’

USC - RedEmprendia deseña desde Santiago de Compostela a súa estratexia para o futuro

Unha aposta decidida polas mulleres emprendedoras e un ambicioso programa de aceleración de empresas spin-off universitarias son dous dos obxectivos clave que RedEmprendia se propón materializar nos próximos cinco anos. Así o puxo de manifesto a rede universitaria, con presenza en 24 universidades de España, Portugal e América Latina, na reunión de vicerreitores e vicerreitoras que tivo lugar este mércores no Centro de Estudos Avanzados da USC como preámbulo da reunión semestral do Comité Técnico da rede que se desenvolverá este xoves e o venres no mesmo lugar.

Trátase do primeiro encontro destas características que celebra a rede e que reuniu na capital compostelá aos responsables de goberno en temas de transferencia de I+D, innovación e emprendemento de 21 institucións de educación superior de España, Portugal, Arxentina, Brasil, Chile, Colombia e México. Na apertura do encontro participaron o reitor da USC, Juan Viaño, o presidente de RedEmprendia, Senén Barro Ameneiro, e José Manuel Moreno, subdirector xeral adxunto de Banco Santander, entidade que a través de Santander Universidades exerce un fundamental mecenado das actividades de RedEmprendia.Os tres inaugurarán tamén este xoves 16 ás 9.00 horas a reunión do Comité Técnico de RedEmprendia, no que ao longo de dous días se profundará en moitos dos temas que xa se trataron na xuntanza de hoxe.

Mulleres emprendedoras e spin-offs universitarias, as prioridades
O encontro deste mércores serviu para dar a coñecer e debater os obxectivos e compromisos estratéxicos de RedEmprendia, recollidos no documento ‘RedEmprendia Horizonte 2020’, dos que nacen os programas de apoio ao emprendemento universitario que a rede vai desenvolver nos próximos cinco anos. Entre as accións máis destacadas está a posta en marcha dun programa de aceleración da aprendizaxe empresarial deseñado especialmente para apoiar as mulleres universitarias que queren crear empresas baseadas no coñecemento. Esta iniciativa combinará a formación internacional en empresas con apoios específicos adaptados á situación particular das emprendedoras en España, Portugal e América Latina.

RedEmprendia traballa tamén na posta en marcha dun ambicioso programa de aceleración de spin-offs universitarias, que terá presenza en seis países da rexión iberoamericana. Esta liña de acción, actualmente en fase de desenvolvemento, contará coa colaboración destacada da Universidade de Santiago de Compostela e beneficiará empresas de orixe universitaria de Galicia, España, Portugal e América Latina.

“Desde a USC somos plenamente conscientes da importancia do emprendemento como un dos mecanismos clave para a creación de riqueza e benestar social”, dixo o reitor. Neste contexto, auniversidade“non pode quedará marxeneste desafío e debe brindar ao seu estudantado, recén egresados, investigadores e académicos unha completa oferta de programas e servizos que lles permita transmitir e transferir á sociedadeo coñecemento adquirido xa sexa mediante a colaboración en proxectos de I+D con empresas, a protección e posterior comercialización do coñecemento xerado ou a creación de empresas fortemente innovadoras”. “É precisamente neste contexto –sentenciou Viaño– onde RedEmprendia constitúe un extraordinario escaparate de oportunidade para as universidades que a conforman, non só polo impacto directo que ten a través dos seus programas senón tamén por establecer un marco de colaboración permanente entre las universidades e outros axentes implicados”.

Pola súa parte, Senén Barro sinalou a relevancia de “discutir o que se quere facer, por que e como imos facelo colectivamente” xa que RedEmprendia “é un proxecto común que non tería sentido sen as universidades”. Por ese motivo, “aínda coa incerteza que supón planificar a 5 anos vista, e máis no ámbito da transferencia dos resultados de investigación e do emprendemento universitarios, é moi importante ver máis aló do día a día, aliñar obxectivos e compromisos e dalos a coñecer”. O presidente de RedEmprendia fixo ademais fincapé na utilidade deste tipo de encontros “para orientar as apostas doutras entidades que teñan fins parecidos ou complementarios aos de RedEmprendia”.

Neste sentido, o subdirector xeral adxunto de Banco Santander, José Manuel Moreno, agradeceu a invitación a Santander Universidades para estar presente nesta reunión de vicerreitores, permitindo á entidade “acompañarvos e participar das vosas reflexións e extraer ideas e criterios para poder aliñar tamén a nosa acción futura”.

Sobre RedEmprendia
RedEmprendia (www.redemprendia.org) é a rede universitaria máis importante de Iberoamérica orientada á transferencia de I+D e ao emprendemento. É unha rede que traballa de modo colaborativo, tanto para os seus asociados como para dinamizar o denominado Espazo Iberoamericano do Coñecemento. Creada no ano 2008, está formada na actualidade por 24 universidades líderes de 7 países (Arxentina, Brasil, Chile, Colombia, España, México e Portugal), Universia, rede universitaria formada por 1.345 universidades de fala hispana e portuguesa, e Banco Santander, por medio de Santander Universidades.

No seu conxunto, as 24 universidades de RedEmprendia agrupan a un millón e medio de estudantes, máis de 150.000 docentes e investigadores e arredor de 1.200 empresas en incubación.

Santiago - Irene Aranda grabará o seu novo disco no Teatro Principal

A pianista andaluza Irene Aranda grabará o seu novo disco ao vivo no Teatro Principal de Compostela.
Neste mes de abril a pianista andaluza Irene Aranda estará por terras galegas, grabando o seu novo traballo discográfico, “Tribus”.

Para tal magna ocasión optou por non solo por contar con 2 músicos galegos ou afincados en Galicia senón tamén vir directamente a grabalo á nosa terra, e por se fora pouco, grabalo ao vivo.
Os músicos que a acompañarán será a batería Lucía Martínez e o zanfonista Germán Díaz, a primeira, unha galega afincada en Madrid, e no segundo caso, un vallisoletano afincado en Galicia.
O lugar escollido, tamén será unha ubicación de luxo como é o Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Se ben os músicos se atoparán na cidade uns días antes para atender entrevistas e tamén para ensaiar, o día clave será o xoves 23 de abril ás 21h no Teatro Principal da capital galega. As entradas xa se poden adquirir na propia billeteira do Teatro, na tenda de artesanía Merlín e Familia (Rúa Xelmírez, 14) ou a través da web de www.madapro.es

Un dos valores máis sólidos do jazz español
Irene Aranda consolidouse como un dos novos valores máis sólidos do jazz español. Os seus traballos anteriores conseguíronlle os mellores eloxios da prensa especializada.

Aranda vai máis alá do jazz, e tráenos unhas propostas de improvisación libre de altísima calidade. Os efectos que ela traballa amósannos unha improvisación realmente formidable na que se superan os estilos, cunha incríble naturalidade de composición sobre a marcha.

A pesar desta improvisación, no seu son pódense percibir tamén os sons da tradición que se unen perfectamente ao estilo moderno e liberado das etiquetas americanas. 

Poderíase decir así que crea un persoal mundo sonoro, único en cada concerto e momento en que se senta ao piano.

Nesta ocasión acompañarase ademáis doutros dous grandes músicos que combinan tamén esta dualidade de tradición e modernidade na súa música como son Germán Díazn na zanfona e a batería Lucía Martínez.

Un concerto fermoso e máxico, para non perder. E unha ocasión única de formar parte, aínda que só sexa como público, da grabación deste novo traballo discográfico.

Santiago - Axudas a rehabilitación de inmobles

O Consorcio de Santiago destinará este ano un total de 150.000 euros en axudas para a rehabilitación dos elementos especiais de madeira e reixas nos inmobles situados no ámbito do Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago. O prazo para acollerse a estas subvencións remata o vindeiro 15 de maio.

O Consorcio de Santiago ofrece o seu servizo aos cidadáns para a elaboración da documentación técnica relativa ás obras que se pretenden realizar. Os interesados deberán solicitalo, coa maior antelación posible, á Oficina Técnica do organismo.

A finalidade desta convocatoria é mellorar a eficiencia enerxética dos inmobles, co consecuente aforro económico para os cidadáns, xunto co seu illamento acústico. Búscase fomentar a rehabilitación, restauración ou reposición daqueles elementos especiais e de interese arquitectónico de madeira como galerías, ventás e portas de entrada aos edificios; e promover a restauración das reixas e pezas de ferro existentes en portais, ventás e balcóns. Tamén se inclúe a reparación das pedras de soporte deterioradas e das unións aos muros por medio de enchumbados.

Os inmobles deberán ter unha antigüidade superior aos 20 anos
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas propietarias, arrendatarias ou aquelas que ostenten algún dereito de uso sobre os inmobles; e as comunidades de propietarios. Os inmobles deberán reunir as condicións suficientes de seguridade estrutural e ser estancos fronte á chuvia, ademais de ter unha antigüidade superior aos 20 anos.

Primarase a incorporación de novos solicitantes, así como a superficie en metros cadrados de carpinterías de madeira. Tamén se valorará o nivel de catalogación ou de interese arquitectónico do edificio ou vivenda e dos elementos singulares sobre os que se actúe. E, por último, darase preferencia aos inmobles destinados a vivenda que teñan unha ocupación permanente.

Axenda e tempo do xoves 16 de abril - música, teatro, conferencias, exposicións

Santiago - Numax 

Santiago - NerdNite

Santiago - Lila de Lilith - ruta por la homosexualidad en la edad media

Santiago - CSC Vite - infantil: O pirata Benito Soto

Santiago - Teatro Principal - C'est la vie

Santiago - Sargadelos - 35 anos de autonomía

Santiago - Zona C - Chicharrón + Partisan Seed

Outros Concertos + info

Exposicións

Santiago - Fonseca - Biblioteca Diversidade Cultural - exposición Tintín (ata finais maio)

Santiago - Cidade da Cultura - Camiño, A orixe (ata o 11 de septembro)

Santiago - USC - Exemplares do Quixote (ata o 30 de abril)

Santiago - Fundación Araguaney - retrospectiva de Rudy Daini (ata o 3 de maio)

Santiago - Fundación Granell - Instinto Animal - Phillip West (ata o 21 de xuño)


O Tempo

Santiago - Chicharrón e Partisan Seed no Compostela Rock

A banda de Carballo Chicharrón con sons entre o dream-pop, o folk, e a BSO de algún western crepuscular e os portugueses The Partisan Seed presentando un estilo libre de composición e interpretación, estarán na Zona C. Será hoxe, xoves 16 de abril, ás 20.30h dentro do ciclo Compostela Rock. As entradas teñen un prezo de 6 euros anticipada e 8 euros o día do concerto e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (que abre de 18.00 a 21.00h), na Reixa Tenda e tamén na Zona C o día do concerto desde as 19.00h.

Chicharrón nace en Carballo a finais de 2013 da man de Alberto Vecino, integrante dos desaparecidos Franc3s, Diego Gende e Rubén Domínguez, pertencente aos extintos Telephones Rouges. En marzo do 2014 entran a gravar o seu primeiro disco no Estudio A Ponte e en xuño, o colectivo Prenom edítao como primeira referencia do seu selo. Con sons entre o dream-pop, o folk, e a BSO de algún western crepuscular, o seu primeiro disco colleita múltiples críticas positivas, sendo radiado integramente no prestixioso programa de Radio 3 "Disco Grande" de Julio Ruiz. Presente entre os mellores discos galegos de 2014, o agora quinteto (Xurxo Meis á batería e Mar Catarina ao teclado) está a recorrer todo o país presentando o disco en directo. Os seus concertos son sobre todo, intensos, emocionais, cheos de momentos álxidos pero nos que tamén se deslizan a calma, o suspiro ou o lamento.

Do outro lado da raia, o barcelense Filipe Miranda trae por primeira vez a Compostela o seu proxecto The Partisan Seed, espírito irmán de Chicharrón. Filipe Miranda comeza a súa andadura na música cos xa desaparecidos Kafka, unha das bandas máis prolíficas de Portugal nos anos noventa. En 2005 dá inicio ao seu proxecto persoal, The Partisan Seed, presentando un estilo libre de composición e interpretación, privilexiando as mensaxes das letras, que viven entre o amor e a melancolía. Tras os seus dous primeiro traballos editados en Portugal, en maio de 2012, The Partisan Seed, presenta o seu terceiro traballo, 'SpiritWalking' co que realiza unha extensa xira que, ademais de Portugal, o leva a visitar varios países de Europa. En 2014, edita o que, ata agora, é o seu último traballo, 'Angels On The Boardwalk' recoñecido pola crítica como un dos mellores álbums portugueses do ano 2014. No directo, The Partisan Seed tira de austeridade para condensar toda a forza expresiva das súas composicións, que apertan ao público en ambientes intimistas e cinéticos, nos que parecemos recorrer unha road-movie interior, mentres a voz do Filipe vai susurrándonos temas como “Ana (Road to Santiago)”. Que mellor lugar para cantala?

Ames - Décimo aniversario da escola municipal de música

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) celebra o seu décimo aniversario cun completo programa de actividades para o alumnado. A primeira cita terá lugar hoxe xoves ás 20:30 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Trátase dunha charla informativa sobre os cursos de verán musicais en Alemaña, os “Melodius Camps”, que será impartida por Benita Von Carlowitz, directora do proxecto. Dende a escola sinalan que a conferencia será “toda unha oportunidade para coñecer de cerca a maneira de traballar deste país e a súa cultura musical”. 

Na segunda das iniciativas o alumnado da EMMA poderá asistir a unha xornada desenvolvida polos “Amigos da Ópera de Santiago de Compostela”, que os achegará a este xénero musical. Será o vindeiro venres 24 de abril. Ademais, o día 29 de maio, os músicos ofrecerán un concerto na residencia da terceira idade O Castro, de Teo. A finalidade desta actuación é achegarlle a música ás persoas maiores compartindo con elas un tempo agradable.

O persoal do centro indica que as clases habituais substitúense por estas xornadas co obxectivo de “enriquecer e completar a educación musical dos alumnos”. Todas elas van dirixidas aos músicos do centro e aos seus pais. 

Máis de 200 alumnos

As matrículas da Escola Municipal de Música de Ames increméntanse cada ano e na actualidade conta cuns 210 alumnos. “Ao longo destes dez anos –apuntan dende a escola– o número de alumnos aumentou e fóronse creando numerosas agrupacións de músicos. O traballo e o seu bo facer reflíctese anualmente nos concertos de fin de curso”. 

A EMMA Está situada no Centro Multiusos de Aldea Nova e diariamente ofrece clases de piano, violín, saxofón, percusión, frauta e guitarra. Tamén se imparten ensinanzas de linguaxe musical e para os pequenos de entre 4 e 6 anos danse clases de Música e Movemento

USC - Nanogap abre un laboratorio en California

La empresa Nanogap nació en 2006 como una spin-off de la Universidad de Santiago de Compostela (USC). Casi diez años después, ha conseguido hacerse un hueco en el ámbito internacional gracias a su tecnología sub-nanométrica.

La empresa ya cuenta con su primer proyecto de expansión a nivel de producción fuera de España, en la ciudad californiana de Richmond. Y continúa creciendo en su sede central, ubicada en el polígono industrial de Milladoiro, en el ayuntamiento coruñés de Ames. En el último año la firma ha incrementado en un 25% su plantilla, integrada por un equipo de 30 profesionales; en su mayoría físicos, químicos e ingenieros químicos.

Nanogap posee clientes en Europa, Estados Unidos y Japón. En los últimos tres años su facturación se ha incrementado un 75% de media anual. Recientemente ha cerrado una nueva ronda de financiación por valor de 2,2 millones de euros con sus inversores: Unirisco, sociedad de capital riesgo participada por las tres universidades gallegas, entidades financieras y grupos empresariales (Abanca, Banco Pastor, Banco Portugués de Investimento, Constructora San José, Inditex, R y Consorcio de la Zona Franca de Vigo); Uninvest, sociedad gestora de entidades de capital riesgo participada por Unirisco; y Xesgalicia, sociedad de capital riesgo de la Xunta de Galicia; ronda a la que se ha sumado Caixa Capital Risc, gestora de capital riesgo de La Caixa. 

Pantallas de televisión curvas y flexibles
La consejera delegada de la empresa, Tatiana López, explica que “el nanómetro es la unidad de longitud equivalente a la millonésima parte de un milímetro. Cuando el material es tan pequeño aparecen propiedades sorprendentes que no existen a escalas más grandes. Estos materiales muestran una gran actividad a muy bajas concentraciones y ofrecen una amplia variedad de potenciales aplicaciones”. 

La tecnología que desarrolla Nanogap es un ingrediente esencial para el desarrollo de múltiples aplicaciones en los campos más diversos. Así, se pueden destinar para la fabricación de pantallas de televisores curvas y flexibles; pantallas de todo tipo de dispositivos móviles y electrónicos también flexibles; o para dispositivos de iluminación LED flexibles, fabricados mediante electrónica impresa. 

Una materia prima con múltiples aplicaciones: circuitos impresos, sesnsores, adhesivos conductores para la industria aeronáutica…

Los materiales desarrollados por la empresa son útiles para la creación de circuitos electrónicos impresos para su aplicación en antenas RFID, cuya señal permite localizar un producto concreto. “Es como un código de barras que se puede leer a distancia; por ejemplo se detecta la entrada y salida de productos en un almacén y se van registrando en un ordenador de manera automática, sin necesidad de escanearlos de manera individual” -explica Daniel Fernández, responsable de Innovación de la compañía-.

Otra de las aplicaciones de estos productos son los sensores de caducidad en alimentación, mediante la incorporación en los envases de sensores electroquímicos. Asimismo, sirven para integrar nuevos sensores de diagnóstico destinados a la detección precoz de enfermedades y a evitar falsos positivos, mediante el empleo de materiales que emiten señales ante la presencia de una anomalía en el organismo.

Nanogap trabaja también en nuevos aditivos de seguridad basados en nanomateriales. “La tecnología de fabricación de la nanotecnología es muy exclusiva, lo que hace imposible la falsificación de documentos legales, papel moneda, entradas de eventos…” -asegura Fernández-.

En relación a la industria aeronáutica, colaboradores de la empresa han desarrollado un adhesivo conductor para sustituir las soldaduras de plomo -muy contaminantes- en circuitos electrónicos, desarrollo basado en la tecnología de Nanogap. 

La firma sigue siendo además un referente internacional en el diseño de nanofibras de plata para su uso en las pantallas táctiles de dispositivos electrónicos como smartphones o tablets. 

La empresa solicita una nueva patente cada año
Cada año la empresa solicita, como mínimo, una nueva patente. En estos momentos Nanogap cuenta con 12 patentes presentadas, de las cuales 4 ya le han sido concedidas en varios varios países de Europa, Estados Unidos y Asia. 

Una de las claves del éxito de la compañía es su tecnología única en AQCs (Clústeres Cuánticos Atómicos), la cual es la base de todas sus patentes. Se trata de partículas inferiores a 1 nanómetro, agrupaciones de átomos que presentan múltiples aplicaciones y que hoy en día Nanogap es la única empresa capaz de fabricarlos a escala industrial en todo el mundo.

PP Santiago - Proposta de debate aberto os medios

Co obxectivo de confrontar os diversos programas dos partidos que concorren ás eleccións municipais, o Partido Popular de Santiago propón un debate aberto aos medios, tras ter percibido o interese de varios deles na súa organización.

O PP de Santiago está disposto a debater o seu proxecto coas formacións políticas que presentan candidatura aos vindeiros comicios municipais do 24 de maio, nun debate organizado por unha entidade neutral e independente nas condicións que se pacten polos interesados.

Por outra banda, o candidato do Partido Popular tamén asistirá ao debate organizado pola televisión pública galega, seguindo as pautas marcadas pola lei electoral, é dicir, cos partidos que contan con representación municipal, en data e hora pendente de confirmar.

Silleda - Cuarta edición do concurso de microcurtas

O departamento municipal de Normalización Lingüística, que dirixe Margarita Campos, vén de convocar a que será a cuarta edición do Concurso de Microcurtas e Microrrelatos para nen@s e moz@s. A temática deste ano será nos dous certames a integración social, baixo o lema “Collemos tod@s”. Así mesmo, nesta edición colabora tamén a Asociación de Comerciantes de Silleda ECOS.

O prazo para presentar os traballos abrirase o vindeiro luns día 20 de abril e rematará o venres 8 de maio. 

No caso das microcurtas, que deben empregar o galego, non poden superar os 8 minutos, podendo ser ou non de ficción. O concurso está aberto a persoas maiores de 13 anos, empadroadas no concello de Silleda. Todos aqueles que desexen participar deben de enviar as súas creacións ao enderezo postal do Concello, en formato DVD PAL, ou entregalas na casa consistorial. Neste DVD deben escribir o título da curta e un pseudónimo e acompañar nun sobre pechado os datos persoais. Cada participante só poderá presentar un traballo. 

O xurado, que dará a coñecer o seu fallo o xoves día 14 de maio, estará composto pola concelleira Margarita Campos e por dous profesionais do sector audiovisual. O gañador ou gañadora levará como premio unha tablet valorada en 100 euros; 1 vale de 25 euros para canxear en comercios asociaciados de ECOS (por xentileza do colectivo). Tamén recibirá 2 entradas para asistir ao espectáculo “Menú do día”, con Carlos Blanco e Luis Dávila o vindeiro 16 de maio.

Ademais, o centro educativo ao que pertenza, de ser o caso, recibirá un vale de 50 euros para mercar libros en galego en establecementos do municipio. De non tratarse dun alumno/a dun centro educativo, a Concellería de Normalización Lingüística entregará os libros á Campaña de Recollida de Material Escolar.

No caso dos Microrrelatos, ao igual que nas edicións anteriores estabrécense, dúas categorías: unha para nenos e nenas de 6 a 12 anos e outra para persoas de 13 anos en adiante. 

Neste caso, os textos, poderán presentarse en dúas modalidades: a ordenador (cun máximo de 500 caracteres) e tamén escrito a man (máximo 100 palabras). Deben presentarse en papel DIN A4, sempre firmados baixo pseudónimo nun sobre co nome do concurso e a categoría na que participa. Noutro sobre pechado irán os datos persoais. Os traballos, ao igual que no caso das microcurtas deberán ser inéditos e non terse presentado a outros certames e tamén se deben remitir ao Concello de Silleda (rúa do Trasdeza, 55. 36540 Silleda)

Neste caso o xurado estará integrado pola concelleira e por dous profesionais dos medios de comunicación. O premio será para o gañador/a da categoría de 6 a 12 anos un e-book, ou libro electrónico, valorado tamén en 100 euros; e un vale de 25 euros por xentileza de ECOS. 

Na categoría de 13 anos en adiante, ademais de un e-book tamén se entregarán outras dúas entradas para o espectáculo “Menú do día”. Tamén no caso de pertencer a centros educativos se entregarán vales para compra de libros, nas mesmas condicións reseñadas anteriormente. 

“Con este certame queremos fomentar a creatividade ademais de contribuir ao uso do galego sobre todo entre a poboación máis nova. E ademais este ano co lema da integración social tamén estamos a axudar a concienciar á nosa mocidade sobre esta cuestión”, engade a concelleira. A orixinalidade e a creatividade dos traballos serán as liñas básicas para xulgar os traballos. As bases dos dous certames publicaránse tamén na web municipal.

Oroso - Este venres celébrase a II Gala Solidaria

O Concello de Oroso organiza este venres 17 de abril a segunda edición da Gala Solidaria en favor das familias desfavorecidas do municipio, que terá lugar na alameda de Góis a partir das 17:30 horas e que incluirá actuacións musicais, humor e xogos de animación para os máis pequenos. O concelleiro de Cultura, Antonio Leira, fai un chamamento a toda a veciñanza “para que disfruten coas actuacións dos distintos artistas, que colaborarán connosco de xeito totalmente solidario e de balde, ao tempo que poden achegar alimentos non perecedoiros ou produtos de limpeza e hixiene que despois faremos chegar ás familias máis desfavorecidas do noso municipio”.

A Gala Solidaria 2015 contará coa colaboración gratuíta dos humoristas Lito Arzúa e Marcos Roca; así como coas actuacións musicais dos grupos Alborada e Bahía Blanca, dos solistas Pili Pampín, Miguel Torres e Souto, e do combo de rock da Aula de Música de Oroso. Ademais, e despois do éxito acadado o ano pasado, nesta edición tamén repetirán actuación os maiores dos obradoiros de baile, que desta vez estarán acompañados polos maiores dos obradoiros de ximnasia e de taichí. Para os máis pequenos, a alameda de Góis acollerá xogos e inchables cortesía de Axiña Xogos e Inchables.

A primeira edición da Gala Solidaria organizada polo Concello de Oroso superou todas as expectativas, pois se recolleron máis de 1.500 quilos de alimentos non perecedoiros e de produtos de limpeza e de hixiene, que se repartiron entre as familias máis necesitadas do municipio. Ademais, tamén se recolleron donativos por máis de 300 euros. Ademais das múltiples achegas de particulares, tamén se sumaron ao acto numerosas asociacións, empresas e establecementos hostaleiros.

UPyD - UPyD en Galicia confirma que no presentará candidatura en Santiago ni Ames

UPyD en Galicia confirma que no presentará listas en Santiago de Compostela ni Ames, tras la renuncia de su cabeza de lista, el candidato independiente, Rafael Millán Calentí.

A raíz de los acontecimientos acontecidos el fin de semana pasado, que supusieron un “contratiempo para UPyD en Galicia”, la formación magenta asegura que carece del tiempo suficiente para poder configurar unas listas solventes y de garantías, y que por ese motivo no presentará candidaturas en estas dos localidades.

Xunta - Axudas para a conservación de árbores senlleiras

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases reguladoras para as axudas que se concederán este mesmo ano para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións senlleiras de Galicia. O obxecto desta orde é regular a concesión de axudas ás persoas ou entidades propietarias de árbores e formacións senlleiras para a súa conservación, protección e mellora. 

Por outra banda, hoxe celebrarase en Santiago a reunión ordinaria do Comité das Árbores Senlleiras, onde se dará conta das solicitudes recibidas de novas incorporacións no Catálogo galego. Esta xuntanza está presidida pola directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e contará coa participación de representantes designados por diferentes institucións e organismos, que teñen como finalidade a protección, conservación ou divulgación das árbores senlleiras.

Os membros do Comité das Árbores Senlleiras valorarán o conxunto de solicitudes de catalogación de exemplares e formacións recibidas, atendendo, entre outros, a criterios morfolóxicos, históricos, culturais, estéticos e paisaxísticos, para seleccionar a mellor representación das diferentes especies arbóreas a nivel autonómico. En total son 63 as novas solicitudes de inclusión que estudará o Comité para avaliar se son merecedoras de formar parte deste rexistro -52 de árbores e 11 de formacións relativas a 22 especies vexetais nas que destacan, como en anos anteriores, carballos (24 solicitudes), sobreiras (8) ou castiñeiros (5). 

Nesta reunión, a Xunta tratará a recente publicación da modificación do Decreto polo que regula este Catálogo.

Subvencións
En relación á orde de axudas publicada hoxe no DOG, cómpre destacar que poderán acadar o 100% dos gastos subvencionables, fixándose un importe máximo de 6.000 euros de axuda por árbore e 12.000 euros de axuda por formación, chegando a un total de case 151.000 euros para este exercicio. O prazo para a súa presentación será dun mes contando a partir do día seguinte da publicación desta orde no DOG.

Estas subvencións nacen do deber que teñen as Administracións públicas de promover iniciativas de conservación da natureza e desincentivar aquelas que teñan unha incidencia negativa sobre a conservación da biodiversidade e o uso sostible do patrimonio natural. 

Así serán subvencionables actuacións como podas ou tratamentos fitosanitarios necesarios para a conservación das árbores protexidas, accións encamiñadas á conservación de melloras na contorna; a elaboración de materiais divulgativos e sinalización, ademais de a creación, mantemento e conservación de accesos relacionados co réxime de uso público.

Poderán beneficiarias destas subvencións as persoas físicas ou xurídicas, incluíndo os Concellos, propietarias das árbores incluídas, sempre e cando estas árbores e/ou formacións estean incluídas no Catálogo Galego de Árbores Senlleiras con anterioridade á entrada en vigor da presente orde e só se admitirá unha única solicitude por persoa ou entidade solicitante.

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es. Para a presentación das solicitudes será necesario o DNI electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra administración pública para a mesma finalidade, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos.

A aprobación da subvención implicará o compromiso das persoas ou entidades solicitantes de executar as accións indicadas nas condicións previstas na resolución e as persoas ou entidades beneficiarias haberán de conservar, polo menos durante cinco anos, os documentos acreditativos da utilización dos fondos recibidos.

O Catálogo galego de árbores senlleiras
Co ánimo de facer máis áxil e dinámico o procedemento de catalogación modificouse recentemente a norma que o regula, modificando tamén o funcionamento do propio Comité das Árbores Senlleiras, non só no relativo ás súas funcións, senón tamén nas previsións referidas ás súas reunións, deixando que sexa o propio comité o que determine a periodicidade de convocatoria no seu regulamento de funcionamento.

Cabe sinalar que o Catálogo galego de árbores senlleiras data do ano 2007, polo que se fixo necesario tamén modificar o réxime de protección preventiva establecido na norma que o regula.

O Catálogo inclúe na actualidade un total de 173 elementos recoñecidos, dos cales 142 corresponden a árbores de 68 especies diferentes, e 31 a distintas formacións arboradas compostas por 19 especies distintas. As provincias de Pontevedra (con 47 árbores e 9 formacións) e A Coruña (con 41 e 13, respectivamente) son as que contan con maior número de elementos incluídos no catálogo; Lugo ten catalogados 35 árbores e 2 formacións, mentres que Ourense ten 19 e 7 respectivamente. 



Neste rexistro público de carácter administrativo inclúense todas aquelas árbores e formacións excepcionais merecentes de protección en atención ás excepcionais características do seu porte, proporcións, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecentes dunha especial protección. 





Configúrase como unha ferramenta aberta e en constante actualización, podendo propoñer a inclusión de elementos os seus propietarios, as administracións públicas, centros de investigación ou asociacións e entidades privadas ou públicas que teñan entre os seus fins estatutarios a protección da natureza.

Compromiso X Galicia - Presentación da candidatura de Santiago

Xosé Antón López, candidato a alcaldía de Santiago, presentou oficialmente onte a lista na praza de Cervantes no corazón de Compostela, a pé de rua“tal e como será a súa política”.

O candidato galeguista cualificou a lista como “libre, sen tutelaxe de ningún tipo e cun variado abano de xente nova , preparada e de diferentes eidos da sociedade compostelá, “unha lista de persas honestas, profesionais, e mozas con ilusión e orgullo cun obxectivo claro que e devolverlle a política o seu fin social de transparencia, participación activa e resolución dos problemas reais da cidadanía.”

A recuperación da democracia e o liderado da cidade,a transparencia real coa fiscalización cidadá do traballo municipal, a recuperación da zona vella de Compostela coa premisa de “rehabilitar para vivir”, a planificación estratéxica dunha “Praza de Abastos para mercar” e o apoio decidido ao tecido comercial e o comercio de proximidade con obxectivo de fomentar o dinamismo económico e a creación de emprego no entorno máis próximo serán cuestións prioritarias na programa político de organización galeguista, segundo avanzou Xosé Antón López.

A candidatura

Nos postos do 2 ao 5 destacan Luísa Bernal Ónega, avogada e comerciante do Ensanche, Modesto ToribioRodríguez-Redondo, comerciante e moi coñecido na cidade pola súa participación no tecido asociativo, Laura Cereijo, traballadora e delegada sindical de CCOO e Maxi Vázquez, veciño de Aríns, MBA pola EOI e socio e xestor dunha cooperativa agraria e actual secretario local. 



Na lista hai varios independentes e veciños de distintos barrios e parroquias, xa que a intención do candidato, Xosé Antón López foi facer unha lista “representativa do que é o concello do Santiago de Compostela, sen esquecerse do rural nin dos distintos sectores sociais”. Outros membros da candidatura son María Luz QuiñoyMontero, Javier Iglesias Mato (independente), Isabel Pazos Pose, Denís Fernández Méndez, Emilia Prado Porta, Adrián Blanco Para, ElyzaAnnaSzymaniak (independente), Sofía Carballido Mugico (independente), Salvador Forján Lourido, Cristina Prada Álvarez (independente), Susana Barreiro Hermo, Adrián Mallo ou Eliseu Mera . Tamén figura nos últimos postos Rocío López Pacio da executiva do partido.

Teo - Finalistas do II Certame de Autor en Galego

O Certame de Canción de Autor en Galego 'Concello de Teo' xa conta cos oito finalistas que participarán na gala do vindeiro día 25 de abril. A “grande calidade” das propostas achegadas, tal e como afirma o director artístico do dito Certame, Xoán Curiel, fixo “moi difícil” o traballo do xurado formado polo propio cantor fonsagradino, pola Concelleira de Cultura do Concello de Teo, Carme Hermida, pola artista Najla Shami, o xornalista Juan Torreiro e a xestora musical Inés Portela. 

Na gala, os oito finalistas disporán de oito minutos para defenderen a súa actuación, estilo e calidade. Como novidade, o público poderá dar dous accésits, sendo un deles á mellor canción —e non á canción orixinal tal e como si se fixera na pasada edición do Certame.

Calidade
A organización do certame salienta tanto o elevado grao de participación -que se moveu en cifras semellantes ás da pasada edición- como a “gran calidade” das propostas. Precisamente, este alto nivel fixo máis difíciles aínda as decisións do xurado para a elección dos oito finalistas: Sofía Espiñeira, Laura Iglesias, Noé Subiela, Isis, Pilar Martínez, Lucía da Fonte, Sandra Tenreiro e Umbra.

A final
O vindeiro día 25 de abril terá lugar a gala final do II Certame de Canción de Autor en galego 'Concello de Teo'. Desde a organización animan a calquera persoa interesada a se achegar á xornada decisiva do concurso, que se converterá nunha «festa da música e a palabra». A gran final comezará ás 20 h no Centro Sociocultural da Ramallosa, a carón da Casa do Concello, e as entradas son de balde. A gala terá unha duración aproximada de dúas horas. 

O II Certame de Canción de Autor en galego 'Concello de Teo' está organizado polo propio Concello e conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, de Gadis e conta coas colaboracións de, entre outras entidades, Músicos ao Vivo. Para todos eles, o agradecemento de Xoán Curiel, xa que «sen a súa implicación non sería posible organizar este evento».

O premio
O premio ao gañador ou gañadora será, entre outros, a gravación dun EP. Ademais, a vencedora ou vencedor disporá dunha serie de concertos e de promoción na prensa. 

Tanto para os que chegaron á final como para os que non, Xoán Curiel mostra a súa «satisfacción» porque estes traballos serviron para visibilizar os e as creadoras noveis do noso país.

Frades - O Concello retira as ruínas da antiga escola da praza de Ponte Carreira

O Concello de Frades vén de proceder esta mañá ao derrubo da antiga escola de Ponte Carreira, cuxo inmoble se atopaba en estado ruinoso e irrecuperable, ao tempo que comezou xa os traballos de recuperación da contorna da praza de Ponte Carreira, un dos puntos principais da actividade social, cultural e comercial do municipio e que no novo PXOM figura como zona verde. Deste xeito, o Concello de Frades fai realidade unha vella demanda veciñal, que chega despois de algo máis dun ano de negociacións co propietario do inmoble.

O concelleiro de Economía, Manuel Ferreiro Marzoa, explica que “o Concello financia con fondos propios a primeira fase dos traballos, consistentes na demolición do vello inmoble e na recuperación da zona. A segunda fase está pendente da concesión dunha subvención solicitada á Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia para completar a reforma integral da praza de Ponte Carreira”. O Concello de Frades decidiu retirar o edificio debido ao estado ruinoso no que se atopaba, que facía inviable a súa recuperación.

A praza de Ponte Carreira é un dos centros neurálxicos da vida social, cultural e comercial do concello de Frades. Así, todos os días 12 e 26 de cada mes, acolle un mercado ambulante tradicional, cunha vintena de postos. Ademais, adoita ser un o punto de encontro para numerosas actividades deportivas e sociais organizadas polo Concello de Frades, como o Día da Bicicleta, a Cabalgata de Reis ou a próxima Carreira Popular de Frades, que terá lugar o próximo 1 de maio.

Ames - Un cento de obras preséntanse ao XII Certame Literario de Narrativa e Poesía do Concello

A décimo segunda edición do Certame Literario de Narrativa e Poesía do Concello de Ames reuniu un total de 105 traballos. A maioría proceden de toda Galicia e hai unha ampla representación da veciñanza amesá, pero tamén chegaron obras de Valencia, Valladolid, Ponferrada, Albacete ou Lleida. 

A participación mantívose en relación aos anos anteriores; na modalidade de poesía hai 46 traballos mentres que a de narrativa chega a 59. O xurado estará composto polos escritores Mariña Pérez Rei e Alfredo Conde Cid e a crítica literaria Mar Fernández Vázquez. 

Este Certame Literario é xa un concurso de referencia dentro do mundo da poesía e a narrativa, no que pode participar calquera persoa que presente textos inéditos escritos en lingua galega. Establécense tres categorías –infantil, xuvenil e adulta– e os premios en metálico van dos 120 aos 260 euros. 

Os gañadores anunciaranse o 11 de maio e os premios entregaranse o mércores, 13 de maio, nun acto público que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais os gañadores verán publicados os seus textos nun libro colectivo que recompila os traballos que foron premiados en cada edición.

Lectura das obras premiadas durante o Día do Libro

Este sábado, 18 de abril, o Concello de Ames celebra o Día do Libro cun amplo programa de actividades, entre as que se inclúen a presentación do libro da XI edición do Certame Literario de Narrativa e Poesía, que recolle as obras gañadoras do ano pasado, e que serán lidas polos premiados.

PP Provincial - I Foro Comarcal de Acción Xuvenil en Teo

El secretario del Partido Popular en la provincia de A Coruña, Diego Calvo, defendió hoy que las políticas de juventud han sido, son y serán siempre “prioritarias” para los populares.

En el marco del I Foro Comarcal de Acción Xuvenil, y acompañado por el director xeral de Xuventude y Voluntariado, Ovidio Rodeiro, por un grupo de jóvenes, y por candidatos del Partido Popular a las alcaldías de la comarca de Santiago, Calvo incidió en la “importancia” de apoyar y respaldar cualquier tipo de iniciativa que tenga como objetivo mejorar las posibilidades de los más jóvenes.

En este sentido, el secretario de los populares, y presidente de la Diputación de A Coruña, recordó que desde la institución provincial se han impulsado las becas para perfeccionamiento de estudios fuera de Galicia, que mejoran la movilidad de los más jóvenes; se ha puesto en marcha un programa de créditos blandos de apoyo a los emprendedores, con un montante que supera ya los 4 millones de euros; y se han organizado campamentos y actividades lúdico-deportivos para los más pequeños. 

Educación no formal
Por su parte, Ovidio Rodeiro hizo hincapié en la “necesidad” de transformar las acciones de gestión de ocio y tiempo libre en programas de educación no formal.

En este sentido, el director xeral de Xuventude y Voluntariado destacó que la participación juvenil en programas de educación no formal conlleva un desarrollo de valores positivos, como son el trabajo en grupo, la responsabilidad, la comunicación y el sentido de la iniciativa y la confianza.

En este campo, Rodeiro recordó que las iniciativas más “modernas e innovadoras” en materia de juventud en toda Europa tienen como nexo de unión la educación no formal como medio para mejorar las competencias de los jóvenes.

Xunta - Colaboración coa Fegamp para respostar os afectados por execucións hipotecarias

O Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias acordaron hoxe poñer en marcha medidas para axilizar a resposta aos afectados por procedementos de execución hipotecaria a través dos distintos programas públicos de vivenda.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, mantivo esta tarde unha reunión de traballo co presidente da Fegamp, José Manuel Rey Varela, e cos voceiros da entidade para abordar a nova Lei do Solo e o Plan rehaVIta, o primeiro plan autonómico de vivenda.

Esta xuntanza enmárcase na rolda de contactos iniciada onte co Valedor do Pobo, para achegar a institucións e colectivos sociais a información necesaria para que colaboren na difusión dos programas públicos de vivenda e poder así chegar ao maior número de persoas posible.

A conselleira trasladou á Fegamp as medidas que se recollen no Plan de Vivenda de Galicia 2015-2020, Plan rehaVIta, para facilitar o acceso á vivenda ás familias que máis o necesitan. 

En concreto, durante a reunión a conselleira detallou o programa de apoio a situacións de emerxencia residencial, orientado a ofrecer solucións a situacións de imposibilidade de acceso a unha vivenda. Instruméntase a través do programa de realoxos xa existente para afectados por execucións hipotecarias, ou de medidas novidosas como o Bono Alugueiro, de apoio urxente para familias que precisen dunha axuda para asumir o custo do arrendamento da vivenda. As situacións de necesidade serán avaliadas polos concellos, como entidades máis próximas ao cidadán. 

Este programa inclúe tamén unha liña de axudas para a reparación de infravivendas rurais en concellos de menos de 5.000 habitantes. Dirixidas a persoas do ámbito rural sen recursos e que posúen unha vivenda que non dispón das condicións mínimas de habitabilidade ou están en situación de semirruína. 

Durante a reunión a conselleira sinalou que a implicación dos concellos é fundamental para o funcionamento eficaz de medidas como o Bono Alugueiro, o programa de vivendas baleiras ou as axudas para reparacións de infravivendas rurais.

Reforzo da autonomía local en materia urbanística

Durante a xuntanza, a conselleira trasladoulle tamén á Fegamp que a nova Lei do solo incorporará todas as achegas dos concellos ao anteproxecto que son compatibles coa lexislación estatal, co obxectivo de reforzar a súa aposta pola autonomía local en materia urbanística.

Ethel Vázquez e a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, trasladaron aos representantes da Fegamp o resultado da análise das achegas da Federación Galega de Municipios e Provincias. Tal e como explicaron, a Xunta acordou incorporar a necesidade de que os concellos implicados na elaboración ben do plan básico autonómico ou ben dos plans básicos municipais –que a Xunta elaborará para os municipios cunha poboación inferior a 5.000 habitantes que carezan de planeamento municipal- emitan un informe determinante no trámite de información pública dos plans. 

Tamén á suxerencia da Fegamp, o anteproxecto suprime a delimitación obrigatoria dos núcleos rurais tradicionais como máximo a 50 metros das edificacións tradicionais existentes. Na liña do incremento da autonomía municipal, facúltase ao concello a realizar un estudo pormenorizado do modelo de asentamento atendendo a criterios de consolidación edificatoria para fixar a delimitación do núcleo.

Outro dos aspectos incorporados ao anteproxecto da Lei do Solo ten que ver coa ampliación das edificacións tradicionais (as de máis de 40 anos) existentes en núcleo rural ata nun 50%, aumentando así unha posibilidade restrinxida ata o de agora ao solo rústico. En concreto a lei permitirá a rehabilitación, reconstrución e por razóns xustificadas a ampliación ata o 50% sempre que non se desvirtúe a tipoloxía e se adapte á contorna preexistente e se destine a usos residenciais, terciarios, produtivos, actividades turísticas, artesanais, pequenos talleres e equipamentos. 

Nas súas achegas, a Fegamp tamén fai unha especial énfase na necesaria axilización da tramitación, un aspecto que o anteproxecto soluciona coa unificación da petición dos informes sectoriais autonómicos, que se deben emitir nun prazo de 3 meses, operando o silencio administrativo. Estes informes serán recabados pola Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Ademais, a nova lei integra a tramitación ambiental na urbanística, facendo un importante esforzo na simplificación do trámite.

Actualmente, o anteproxecto da Lei do Solo atópanse recibindo os diferentes informes solicitados, previos á súa aprobación como Proxecto de Lei polo Consello da Xunta nos vindeiros meses.