Santiago, 14/07/2016 - Despois de que fai uns dáis se dera a rolda de prensa sobre a publicación onte tocou presentala en sociedade. Na terraza do concello reuníronse representantes da sociedade compostelana que puideron disfrutar das vistas e conversar sobre a publicación xa con ela nas mans.
Xornalistas, representantes do sector hoteleiro, editorial e de distintos ámbitos da cidade acudiron a vconvocatoria.
A nova publicación ten un formato tipo xornal, para favorecer a súa distribución e lectura. De cada número editaranse 15.000 exemplares, que se distribuirán en múltiples puntos da cidade para chegar ao maior número posible de persoas. Bares, hoteis, tendas... e por suposto en todos os espazos municipais de ambos departamentos: Auditorio de Galicia, Teatro Principal, Zona "C", centros socioculturais e oficinas de turismo. A publicación estará en tres idiomas: galego, castelán e inglés, para chegar aos diferentes públicos, locais e internacionais.
Compostelánea incluirá reportaxes de interese cultural e turístico, novas sobre os eventos culturais máis destacados, críticas e artigos de opinión escritos por axentes culturais e turísticos de Santiago, e unha exhaustiva axenda coa programación cultural de Santiago: a propia do Concello e a de todos aqueles axentes culturais que a fagan chegar ao Concello. Ademais, tamén incluirá unha recompilación das exposicións que se poden ver na cidade, información sobre museos e monumentos visitables, o plano da cidade de Turismo de Santiago e mesmo posibilidades de ocio nos arredores de Santiago, grazas a colaboración do grupo de 16 Concellos Área Santiago coa publicación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario