Ames, 16/07/2016 - A sensibilidade mostrada pola promoción do deporte, sobre todo no rural, por parte do goberno tripartito de Ames é a mesma que mostraron os gobernos que os precederon anteriormente, ningunha.
Pacto X Ames levará ao pleno deste mes de xullo unha proposta de urxencia para arranxar o campo de fútbol do Agrón co fin de que poidan empezar a pre temporada en terceira autonómica, a principios de agosto, os 25 xogadores que forman parte deste equipo.
O Agrón leva xogando en Negreira dende fai 5 anos debido ao pésimo estado no que se atopa esta instalación. O campo foi construído en 1991, ano no que se fundou o club.´
PxA xa solicitara no anterior mandato que se puxeran os medios necesarios para que un dos poucos equipos que quedan no noso concello do rural, puidera xogar na súa casa e non tivera que “emigrar” ao concello veciño de Negreira que os leva acollendo dende hai 5 anos e onde lle están dando todas as facilidades, ao contrario do que acontece en Ames, o seu concello.
O Agrón é un dos poucos equipos representativos das parroquias que aínda sobreviven (a maioría xa desapareceron), e, aos esforzos persoais e colectivos que fan dende a directiva na busca de recursos para poder saír a competir cada ano, hai que sumar a falla de colaboración dos últimos gobernos de Ames que debido a súa inacción e falta de preocupación polo deporte, poñen en risco a este club, que de non ser polas facilidades mostadas dende o concello de Negreira, probablemente non tiveran un campo onde xogar.
E curioso escoitar moitas veces queixarse da falla de instalacións no concello de Ames e observar como as que hai, abandónanse sabendo que os clubs, unha vez arranxadas, están dispostos a realizar o mantemento sen máis interese que conservar o equipo da súa parroquia.
O de Agrón no é o único campo abandonado, están na mesma situación o campo do Ortoño, de Aldea Nova, Castiñeiro do Lobo ou o de Biduído (aínda que en menor medida).

Ningún comentario:
Publicar un comentario