Boqueixón - 10/07/2016 - O Verán Activo deu comezo o día 1 de xullo e alargarase ata o 30 de agosto, con 117 rapaces e rapazas que son atendidos por seis monitores, ademáis de voluntarios xuvenís e monitores en prácticas.
Os rapaces e rapazas son agrupados por idades, o que permite realizar actividades adaptadas a súa idade, tal e como comprobou o alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro, na visita realizada no día de onte as instalacións municipais onde se está a desenvolver a actividade. Esta distribución garante a correcta atención dos rapaces e rapazas, especialmente dos máis cativos.
Esta actividade de verán, é un recurso non só de ocio para os nenos e nenas participantes, senón tamén de axuda ás familias cuios pais traballan e teñen problemas para conciliar a vida laboral e familiar. Atendendo a esta posibilidade estableceuse un horario que abarca dende as 9:00h. ata as 14:00h. coa posibilidade de ampliación por conciliación.
Actuación do Pallaso Piter
Esta semana tivo lugar no ximnasio municipal, a actuación do Pallaso Piter. Esta actividade, aberta para o público en xeral, contou coa asistenza dos máis de cen participantes do verán activo os cales gozaron coas súas cancións, bromas e xogos.
O Pallaso Piter fixo as delicias de todos os asistentes arrancando un sorriso a todos os presentes.

Ningún comentario:
Publicar un comentario