A Ponte Maceira vivirá o 17 a segunda Noite en Vela

No 2015 o concello de Negreira organizaba a primeira Noite en Vela na Ponte Maceira no mes de agosto.

O evento levaba ao grupo Minueto a tocar na esplendida ponte que une os concellos de Ames, misturando na actuación pezas clásicas con versións de temas rock e pop o que foi todo un éxito.
Como decoración o máis sinxelo pero ao mesmo tempo o máis impactante, a Ponte Maceira ilumina en todo o seu percorrido por centos de velas o que lle daba un aspecto do máis romántico pero tamén do mais galego, lembrando épocas pasadas nas que a luz eléctrica non existía. Foron 40 minutos nos que o alumeado público estivo apagado.

A iniciativa do concello xurdiú a imaxe doque se fai en outra vilas da península e dado o éxito acado repítese este próximo día 17, no que será a segunda edición.


Ningún comentario: