6/6/2016 - Desde que o titular da praza
de normalizador lingüístico do concello, Valentín García, foi nomeado polo
goberno do PP Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, A Estrada
carece de normalizador da nosa lingua. A pesar de que o concello iniciou o ano
pasado os trámites para cubrir temporalmente esa praza, a día de hoxe o concello
sigue sen esta figura tan importante para a normalización do idioma.
As recentes denuncias
desde o BNG, proban que é moi necesario cubrir a praza de normalizador
lingüístico, que o concello non ten unha estratexia para reverter a caída de
falantes de galego no concello, e o que é peor, que non se cumpre coa Lei de
Normalización Lingüística, nun concello que ten a dubidosa honra de ter como
responsábel máximo da política lingüística que se fai en Galiza a un veciño da
Estrada. Xa se sabe, na casa do ferreiro coitelo de pau.
O BNG da Estrada fai
súas as denuncias da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da
Lingua, que recentemente fixeron público o seu malestar por non rematar o
proceso selectivo para cubrir a praza de normalizador, valeira como deixemos, a
pesar de que se iniciaron os trámites en outubro pasado.
Desde aquela nada se
sabe, e desde o grupo municipal do BNG, instamos ao alcalde a rematar o proceso
selectivo e cubrir a praza de normalizador/a lingüístico do concello da
Estrada, un requisito formal importante para acceder a axudas económicas por
parte da Xunta e da Deputación, así como para ter dunha vez por todas unha
política lingüística merecedora de tal nome e evitar os erros e os reiterados
incumprimentos por parte do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario