6/6/2016
- Ademais de coñecer as infraestruturas e o funcionamento desta empresa,
participaron no coloquio “Perfil adecuado para conseguir o primeiro emprego no
sector loxístico”. Dous dos principais obxectivos do programa InserAmes-Brión
son a inserción laboral e a mellora da empregabilidade das súas alumnas e
alumnos.
A
empresa Servicio Móvil leva colaborando ao longo de varias edicións co programa
Inser-Ames Brión. A visita deste venres as súas instalacións no polígono
industrial de Cobas en Negreira estruturouse en tres partes. O director da
plataforma loxística, Eugenio Rossignoli, o director de procesos externos,
Gonzalo Folgueira, e o director de procesos internos, José Ramón Rendo,
presentáronlles o proxecto e actividade aos alumnos e alumnas. Tamén os guiaron
a través das instalacións, para que puidesen comprobar de primeira man as
tarefas que nelas se desenvolven e os distintos postos de traballo que compoñen
o plantel.
Para
finalizar o alumnado participou no coloquio Perfil adecuado para conseguir un
primeiro emprego no sector loxístico. A través del coñeceron os distintos
perfís que se precisan nunha planta loxística como a que visitaron, como se
leva a cabo o proceso de selección de traballadores e traballadoras, así como a
resposta as dúbidas que foron plantexando.
Obxectivos do programa InserAmes-Brión
A
oitava edición do programa InserAmes-Brión comezou en setembro de 2015 e
desenvolverase ata o 31 de agosto de 2016. Neste programa participan 80 alumnas
e alumnas. Os perfís do alumnado é bastante similar: menores de 30 anos,
desempregados e con nivel de estudios máximo de secundaria e bacharelato. O
programa busca axudalos e axudalas a mellorar a súa formación, aumentando as
súas posibilidades de atopar emprego.
Para
iso lévanse a cabo titorías individuais; formación transversal (inglés e
informática), para o emprego (elaboración de CV, entrevistas de traballo, marca
persoal), homologada (manipulador de alimentos, PRL, de plataforma elevadora,
etc.) e específica (operacións auxiliares de almacén, actividades auxiliares de
comercio, técnicas básicas de produción téxtil, xardinería, operacións básicas
de pisos en aloxamentos, limpeza de superficies e mobiliario), prácticas non
laborais e asesoramento para o autoemprego.
Ademais,
o programa realiza actividades de prospección de empresas, pera detectar as
súas necesidades de contratación de perfís profesionais, e fai de intermediario
entre as empresas e os participantes. Servicio Móvil é unha das empresas que
colabora con InserAmes-Brión, pero hai máis. O delegado provincial de selección
de persoal de El Corte Inglés vén de interesarse polo programa e realizou unha
visita ao centro de formación, onde se imparte o programa InserAmes-Brión,
situado na urbanización de Aldea Nova.


Ningún comentario:
Publicar un comentario