Veciñ@s de Boqueixón solicitan a retirada da Conta Xeral

 6/6/2016 - Como todos os anos, a conta non refrexa un adecuado desglose por programas de gasto, o que fai moi difícil fiscalizar os distintos centros de gasto do Concello. Ademais, no apartado de ingresos tamén se demostraron diversas diverxencias, que non foron ainda subsanadas.

Pero sen dúbida, o erro máis grave detectado foi a ocultación dun pasivo financeiro (débeda) que pasou a anotarse como unha transferencia de capital (subvención) contra do acordo plenario de modificación orzamentaria do pleno de xullo pasado. É dicir, a Conta Xeral contradí o acordo plenario do Plan PAS 2015 da Deputación, ao ocultarse como débeda a parte da obra do camiño de Boqueixón a Codeso por Maravexás (122.331,54 €), o que implica unha
maquillaxe financeira, ademais de falsificación, ao contradicirse o acordo plenario.

Despois de que a intervención verificara en situ de que a denuncia feita por Veciñ@s de Boqueixón era certa, e que a aprobación podería constituir un acto de falsificación de documento público e incluso o de prevaricación, o PP “plegou velas” e aceptou a retirada da orde do día á espera de que a Intervención do Concello se pronuncie sobre o tema e ver como
se pode aprobar o informe preceptivo da Comisión de Contas.


Un capítulo máis dunha nefasta xestión económica, que refrexa unha Conta Xeral que non se recolle a realidade económico financeira do Concello. É por iso que con independencia do “amaño” que se faga, reservámonos o dereito de acudir á fiscalía anticorrupción posto que consideramos que os feitos denunciados son moi graves, ao estarmos a falar de presunta Falsidade Documental e a posteriori, incluso Prevaricación.

Ningún comentario: