Vedra acolle un curso para mellorar a empregabilidade

8/6/2016 - A Asociación Berenguela pola Igualdade, do concello de Vedra, propón un curso para mellorar a capacidade de atopar emprego.
O curso é gratuito e terá unha duración de 256 horas repartidas de xullo, setembro e outubro. 

As clases terán lugar de luns a xoves en horario de mañá e so hai que anotarse no teléfono 981814612.

As clases terán apartados técnicos pero tamén tratarán sobre empoderamento, autoestima, orientación laboral etc.

Ningún comentario: