Amosando publicacións coa etiqueta O ESQUIO DO PIÑEIRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta O ESQUIO DO PIÑEIRO. Amosar todas as publicacións

Brión - Éxito da II ruta BTT Río Tambre Brión


Juan Leis e Isabel castro lideraron a segunda edición da ruta BTT Río Tambre Brión
A proba, con modalidades de 45 e 65 km, superou os 250 participantes
A recollida solidaria de alimentos doará 50 quilos de comida

Asociación O Esquío – plantación de carballos e castiñeiros

VINTE VECIÑOS DE BRIÓN APADRIÑAN 40 CARBALLOS E CASTIÑEIROS PLANTADOS POLA ASOCIACIÓN O ESQUÍO NO PIÑEIRO NO PARQUE MUNICIPAL DE BRIÓN PlantacionArbores2

14 de marzo de 2012. A asociación cultural e medioambiental “O Esquío no Piñeiro”, en colaboración co Concello de Brión, organizou unha nova plantación de árbores no parque municipal de Pedrouzos, situado a carón do campo de fútbol municipal. Unha convocatoria á que acudiron un total de 20 veciños e veciñas, que plantaron e apadriñaron un dos 20 castiñeiros e dos 20 carballos cos que se repoboou esta zona.

“Esta actividade non consistía só en realizar a plantación, senón que os participantes tamén se comprometeron a facer un exaustivo mantemento das árbores plantadas realizando regadíos periódicos e comprobando que as árbores medran axeitadamente”, sinala Dora Vieiro, presidenta de “O Esquío no Piñeiro”. Para rematar a actividade, os participantes puideron desfrutar dunha pequena merenda no mesmo parque onde foron plantados os carballos e os castiñeiros.

Esta é a segunda plantación de árbores que realiza esta asociación cultural e medioambiental brionesa. A primeira tivo lugar en febreiro de 2011, tamén no parque municipal de Brión, e consistiu na plantación duns castiñeiros autóctonos que cada participante se comprometeu a coidar e “apadriñar”. Un apadriñamento que se notou especialmente durante o verán pasado, no que os “padriños” se encargaron de regar as árbores para que soportaran a seca.

O esquío do piñeiro – peregrinación en bicicleta

a asociación xuvenil "O Esquío no Piñeiro" de Brión  desenrolou unha peregrinación en bicicleta aproveitando a ponte do Día de Todos os Santos. <KENOX S760  / Samsung S760>

Os ciclistas saíron o 29 de outubro de Ponferrada e percorreron un total de 76 kms ata Triacastela. Dende aí, saíron o 30 de outubro ata Palas de Rei (uns 68 kms) e o 31 de outubro chegaron a Compostela a iso das 14:00 horas. Aló recolleron as correspondentes compostelas. A peregrinación foi organizada pola asociación xuvenil "O Esquío no Piñeiro" (Brión), coa colaboración de dous clubes ciclistas da zona: os BTTRANOS de Negreira e "As cabras tiran ó monte" (recén creado en Brión).