A asociación Xuvenil Muiños do Concello de Boqueixón ven e rematar a realización dun proxecto de intercambio dentro do Programa Xuventude en Acción. Baixo o título Cli-Mate Change este proxecto reuneu dende o 22 ó 29 de outubro a 30 mozos e mozas de Portugal, Grecia, Bulgaria, Hungría e España para debater e tratar o tema do cambio climático e do papel que os mozos e mozas europeos temos ante este reto.
Durante a semana realizáronse toda unha serie de actividades encamiñadas a concienciar e analizar a problemática do cambio climático, fixéronse obradoiros, video fórums, unha campaña de concienciación así como visitas a entidades como Meteogalicia ou a planta de SOGAMA.
Tamén foron recibidos polo Alcalde de Boqueixón Adolfo Gacio, que lles deu a benvida e lles desexou o mellor durante a estancia na nosa comunidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario