Amosando publicacións coa etiqueta ANPA AGRO DO MUIÑO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANPA AGRO DO MUIÑO. Amosar todas as publicacións

ANPA Agro do Muiño - A asociación quere evitar a masificación do centro e a perda de servizos.

A ANPA do CEIP Agro do Muíño (Ames) amosou o seu malestar pola modificación “por sorpresa” da lista de prazas vacantes en 1º de Primaria para o vindeiro curso 2016-2017. Dita lista, que foi publicada o día 1 de marzo, como marcan os prazos, reflectía 0 vacantes pero o día 2 a última hora da mañá publicouse un novo listado con 15 novas prazas dispoñibles.

No mes de xaneiro, en reunión do Consello Escolar, informouse de que o vindeiro curso 11 nenos e nenas da escola unitaria da Tarroeira comezarían o ensino primario no centro Agro do Muíño. Esta escola está adscrita ó colexio polo que a súa escolarización no centro queda fora de toda dúbida. O problema é que, cos rapaces que xa están matriculados en 5 anos no CEIP, non hai prazas vacantes para o curso que ven.

Por todo isto, e en vista de que tampouco é factible sobrecargar ós dous grupos de primeiro de primaria, xa que se incumpliría o tema da ratio de alumnos/aula, a inspección decidiu crear unha nova aula de primaria para estes nenos e nenas. Aproveitando esta situación, insinuou tamén a posibilidade de completar o número de alumnos nesa clase, engadindo prazas ás 11 necesarias ata sumar os 25 nenos permitidos por aula. Con isto, poderían pasar a ofertar máis prazas no colexio.

O CEIP Agro do Muíño, deseñado inicialmente para acoller a dúas liñas por curso, atópase nestes momentos ó máximo da súa capacidade. A ANPA considera que, así como os nenos e nenas da escola unitaria pódense asumir sen grandes problemas, a chegada de un total de 25 alumnos/as máis sí afectaría a calidade do ensino no centro e faría máis complicada a convivencia, ó masificar espazos comúns e afectar a servizos complementarios como o comedor ou o transporte escolar, ambos xa con problemas de desfase oferta/demanda. 

Ante esta insinuación e para intentar ter máis información ó respecto, a directiva da ANPA reuniuse coa inspección educativa, quen non foi quen de dar detalles concretos e que remitiu en todo momento ó xefe territorial que é o que “toma as decisións respecto as prazas”. Solicitouse unha xuntanza coa xefatura territorial, xuntanza que tivo lugar a finais de febreiro e na que estivo presente o director do CEIP e na que se lles dixo que a decisión última non estaba aínda tomada (soamente catro días antes da publicación das vacantes) pero que con case toda seguridade non se ofertarían máis das 11 prazas xa reservadas para os nenos/as da escola unitaria. Tamén indicou que a decisión lle sería comunicada ó centro antes da publicación das listas. Esa chamada non chegou a recibirse e no prazo estipulado o colexio publicou as 11 prazas reservadas para a unitaria e 0 vacantes. 

A sorpresa xorde cando, a última hora do día 2, esa lista é substituída por outra coas 15 prazas vacantes xa mencionadas. A dirección do centro explica á ANPA que pola mañá se recibe unha chamada da inspección indicando que, tras falar co inspector xefe, é necesario incluir esas vacantes xa que, por lei, se se crea un aula nova hai que ofertar a totalidade das prazas.

En ningunha das reunións mantidas ata ese momento, a ANPA foi informada deste aspecto, polo que non pode dicir se as inspectoras e o xefe territorial descoñecen a lei baixo a cal desempeñan os seus cargos ou se, simplemente, non lles interesou informar das súas verdadeiras intencións ata que fosen feitos consumados. Esta falta de transparencia é considerada totalmente fora de lugar. Ademáis, existe un precedente: hai catro anos xa se deu esta mesma situación e, neste caso, creouse un aula nova para estes rapaces e rapazas (xa en 5º de Primaria) que nunca se “completou” ata 25; ata este momento seguen a ser 12 alumnos. É difícil atopar unha explicación ó feito de que, o que non é legal agora, sí o era hai catro anos. E sen cambios da lei de por medio.

Esta situación poderíase ter evitado se as prazas destinadas ós nenos e nenas da escola unitaria xa se reservaran ó comezo da educación infantil. Deste xeito, ó comezar o ensino primario, simplemente terían que integrarse no CEIP nas aulas xa existentes.

A este respecto, tamén se lle preguntou á inspección se se ían reservar de cara ó futuro as prazas dos nenos e nenas que agora mesmo están na escola unitaria e que pertencen ó Agro do Muíño. A resposta foi un claro “non”. É dicir, que dentro duns tres anos, o colexio volverá a ter este mismo problema por vontade da administración.

O centro todavía non sabe cales van a ser as condicións nas que se escolarizará a estes nenos e nenas, qué espazos comúns se van a suprimir (aínda que a inspección xa mencionou a aula de música), se se vai dotar de máis profesorado ó colexio e de qué xeito repercutirá nos xa masificados servizos complementarios. Non hai que olvidar que neste curso implementouse a dobre quenda no comedor e que hai rapaces que están xantando as catro da tarde. 

De todos é sabido que o concello de Ames, un dos máis novos de Galicia, ten un gran problema de falta de prazas escolares. Cunha poboación en idade escolar moi numerosa, faise necesario pensar na creación tanto dun centro de ensino infantil e primario como de ensino secundario. Son moitos os despropósitos levados a cabo nos diversos colexios do concello para poder escolarizar a tódolos nenos, situacións en principio provisionais que se teñen convertido en crónicas. A administración debe atopar solucións e deixar de poñer parches, que é o que a ANPA do Agro do Muíño considera que se vai facer no seu centro.

ANPA Agro do Muiño - charla sobre a Lei Orgánica de Calidade Educativa

A Asociación de Nais e Pais do CEIP Agro do Muíño de Ames organiza en Bertamiráns unha charla-debate sobre a LOMCE, coa presencia dos expertos da Universidade de Santiago Lois Ferradás e Carmen Morán

Ames – ANPA Agro do Muiño – proxecto “educar sen estrés”

A ANPA do CEIP Agro do Muíño continúa co ciclo de conferencias e debates Proxecto educar sen estrés AULA INTERACTIVA 22-3-12- BERTAMIRANS- PROYECTO EDUCAR SEN ESTRÉS

A segunda conferencia deste programa realizarase o vindeiro xoves, 22 de marzo, ás 19:30 horas, no Pazo da Peregrina. Nesta charla tratarase o tema A motivación na educación.

A través deste ciclo de conferencias preténdese fomentar a educación en valores, as novas ferramentas pedagóxicas e educativas para o benestar e o desenvolvemento harmonioso dos nenos/as e mozos/as de hoxe.

Este é o terceiro ano que a ANPA do CEIP Agro do Muíño organiza ciclos de conferencias para tratar temas educativos.

Ames, 15 de marzo de 2012. A ANPA do CEIP Agro do Muíño promove o ciclo de conferencias do Proxecto educar sen estrés que xestiona a Asociación Bioturmalina. A través deste ciclo de conferencias preténdese fomentar a educación en valores, as novas ferramentas pedagóxicas e educativas para o benestar e o desenvolvemento harmonioso dos nenos/as e mozos/as de hoxe. A segunda conferencia deste programa realizarase o vindeiro xoves, 22 de marzo ás 19:30 horas, no Pazo da Peregrina. Nesta charla tratarase o tema A motivación na educación. Ademais, falarase das ferramentas educativas e pedagóxicas que é necesario empregar para unha educación máis harmoniosa nas aulas e no fogar.

O pasado 26 de xaneiro de 2012 botou a andar o ciclo de conferencias e debates Proxecto educar sen estrés que organiza a ANPA do CEIP Agro do Muíño en colaboración coa Asociación Bioturmalina. O ciclo consta de tres conferencias. A primeira delas celebrouse o pasado xoves 26 de xaneiro baixo o lema Educar sen estrés. Nela tratáronse métodos de xestión da tensión, educación emocional e capacidades creativas na casa e nas aulas.

Durante este mes realizarase a segunda conferencia deste ciclo. Será o día 22 de marzo, as 19:30 horas, no Pazo da Peregrina. Nesta charla abordarase A motivación na educación, e falarase das ferramentas educativas e pedagóxicas que é necesario empregar para levar a cabo unha educación máis harmoniosa mas aulas e no fogar. A través deste ciclo de conferencias preténdese fomentar a educación en valores, as novas ferramentas pedagóxicas e educativas para o benestar e o desenvolvemento harmonioso dos nenos/as e mozos/as de hoxe.

A terceira e última conferencia celebrarase o día 24 de maio baixo o título Fomentar un novo modelo de aprendizaxe para completar as necesidades educativas, sociais e culturais do alumnado e coa finalidade de mellorar a integración social, estimular as habilidades motrices e integrar os potenciais culturais.

A vicepresidenta da ANPA do Agro do Muíño, Maribel Pérez, explicou que un dos puntos máis interesantes das conferencias é o feito de que durante a última media hora faranse mesas redondas e debates cos asistentes. As dúas conferencias que faltan por impartir realizaranse ás 19:30 horas no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. As conferencias están abertas a todo o público que desexe participar nelas. Tras as conferencias haberá mesas redondas para debater os temas formulados nas charlas cos asistentes. Estas mesas redondas comezarán arredor das 21:00 horas.
Terceira edición do ciclo de conferencias

É o terceiro ano que a ANPA do CEIP Agro do Muíño organiza ciclos de conferencias para tratar temas educativos. A asociación de Nais e Pais do Agro do Muíño considera "que este tipo de iniciativas son unha necesidade importante" e en función da acollida que teña estudarase continuar con actividades e talleres onde as familias compartan tempo e experiencias.
As persoas encargadas de impartir as conferencias son Dulcina Gómez Araújo e Fausto Dopico Gutiérrez del Arroyo. Dulcina Gómez Araújo é licenciada en Ciencias Empresariais e formouse como técnico superior en xestión da saúde integral, do benestar e como orientadora educativa. É membro do Consello Galego de Medio Ambiente e desenvolvemento sostible da Xunta de Galicia e participou en numerosos simposios e conferencias a nivel nacional e internacional.
Fausto Dopico é licenciado en Ciencias, Doutor en Economía e Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Ambos son membros de Bioturmalina, unha asociación que oferta actividades bioculturais e traballa principalmente nos ámbitos da sustentabilidade ambiental, educativo e de benestar social. A administración autonómica, as administracións locais, colexios, empresas privadas, centros socioculturais, asociacións etc. forman parte dos axentes cos que traballa Bioturmalina.
Dende a ANPA de Agro do Muíño animan a todo o mundo a que participe nestas conferencias xa que se tratan temas de interese non só para as familias, senón tamén para o público en xeral.

Ames – ANPA Agro do Muiño – ciclo de conferencias

A ANPA de Agro do Muíño promove o ciclo de conferencias e debates “Proxecto educar sen estres”

A primeira conferencia impartirase o xoves 26 de xaneiro no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns ás 21.00 horasimage

Ames, 20 de enero de 2012. A ANPA do CEIP Agro do Muíño promove o ciclo de conferencias do “Proxecto educar sen estres” que xestiona a Asociación Bioturmalina. Coas conferencias preténdese fomentar a educación en valores, as novas ferramentas pedagóxicas e educativas para o benestar e o desenvolvemento harmonioso dos nenos e mozos de hoxe. O ciclo consiste en tres conferencias que se impartirán no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns, a primeira delas celebrarase o xoves 26 de xaneiro baixo o lema “Educar sen estres”. Nela trataranse métodos de xestión do estres, educación emocional e capacidades creativas na casa e nas aulas. A seguinte conferencia celebrarase o día 22 de marzo e tratará o tema “A motivación na educación”, nela abordaranse ferramentas educativas e pedagóxicas para unha educación máis harmoniosa. Finalmente celebrarase unha última conferencia o día 24 de maio baixo o título “Fomentar un novo modelo de aprendizaxe para completar as necesidades educativas, sociais e culturais do alumnado” e coa finalidade de mellorar a integración social, estimular as habilidades motrices e integrar os potenciais culturais.

A vicepresidenta da ANPA de Agro do Muíño, Maribel Pérez, explicou que un dos puntos máis interesantes das conferencias é o feito de que durante a última media hora das mesmas se farán mesas redondas e debates cos asistentes. Ademais o peche das conferencias farase coas performance “Os 4 elementos con nen@s e educadores”, “O teu nen@ interior” e “ O poder do corazón”. As conferencias faranse no Auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns serán todas ás 21.00 horas e están abertas a todo o público que desexe participar nelas.

É o terceiro ano que a ANPA de Agro do Muíño organiza ciclos de conferencias para tratar temas educativos. A asociación de Nais e Pais de Agro do Muíño considera “que este tipo de iniciativas son unha necesidade importante” e en función da acollida que teña plantéxanse continuar con actividades e talleres onde as familias compartan tempo e experiencias.

As persoas encargadas de impartir as conferencias serán Dulcina Gómez Araújo e Fausto Dopico Gutiérrez. Dulcina G. Araújo é licencia da en Ciencias Empresariais, e formouse como técnico superior en xestión cultural e como orientadora educativa. É membro do Consello Galego de Medio Ambiente e desenvolvemento sostible da Xunta de Galicia e participou en numerosos simposios e conferencias a nivel nacional e internacional. Fausto Dopico é Doutor de Económicas na USC e dende hai anos traballa na investigación sobre novas formas de potenciar o benestar na sociedade. Ambos son membros de Bioturmalina, unha asociación que oferta actividades bioculturais e traballa principalmente nos ámbitos da sustentabilidade ambiental, educativo e de benestar social. A administración autonómica, as administracións locais, colexios, empresas privadas, centros socioculturais, asociacións etc. forman parte dos axentes cos que traballa Bioturmalina.

Dende a ANPA de Agro do Muíño animan a todo o mundo a que participe nestas conferencias xa que se tratan temas de interese non só para as familias, senón tamén para o público en xeral.