30/5/2016 - O
PSOE de Ordes pedirá na próxima sesión plenaria a ampliación do prazo de
alegacións ao Plan Xeral de Ordenación Municipal.
Os socialistas consideran que
o prazo establecido é demasiado reducido e que, ademais, prexudica notablemente
a un gran número de veciños e veciñas que se atopan fóra do termo municipal e
que non volverán ao municipio ata as vacacións de verán.
Por iso, o PSOE
de Ordes pedirá no pleno unha ampliación do prazo de alegacións para que
aquelas persoas que teñen propiedades no termo municipal pero que se atopan
fóra do municipio, ben no estranxeiro ben noutra localidade nacional, pero que
non poden desprazarse para comprobar como quedarían as súas propiedades no novo
PXOM.
Ningún comentario:
Publicar un comentario