Ordes, 28 de
maio de 2016.- O PSOE de Ordes instará ao Concello de Ordes a construír unha
ponte en Barbeiros que comunique os municipios de Ordes e Frades, concretamente
nunha pista que parte da estrada de Barbeiros ao Peñasco e que vai ata O
Pedrouzo e Fondo da Vila (Frades).
Os
socialistas de Ordes consideran que a construción desta ponte suporía unha
clara mellora para a calidade de vida dos veciños e veciñas de ambas marxes do
río, das parroquias de Barbeiros (Ordes) e Abellá (Frades), polo que
“entendemos que ambos Concellos, Ordes e Frades, deberían chegar a un acordo
para proceder á construción desta ponte”.
Así mesmo, na
próxima sesión plenaria os socialistas de Ordes solicitarán o arranxo dun vial
no lugar do Ceidón, cuxo pésimo estado de conservación non só dificulta a
circulación dos vehículos senón que mesmo está a causar danos materiais neses
coches que transitan por el.
Ningún comentario:
Publicar un comentario