PxAmes cualifica de postureo a actitude goberno tripartito por presumir dunhas obras que votaron en contra.

30/5/2016 - Que se cumpran as propostas que Pacto X Ames presenta nos plenos, é unha virtude da que poucos gobernos poden presumir, a cuestión que chama a atención é que o tripartito de Ames cumpre as propostas dándolle publicidade como se foran propias, cando en realidade non é así,  si ademais censuran o punto primeiro da proposta e logo as “venden” como novidade, entón, a virtude tórnase en postureo impropio.

Pacto X Ames presentou o pasado mes de abril unha proposta na que se solicitaba no punto primeiro Instar o Goberno Municipal a realizar ás actuación necesaria para acometer a  modificación da actual Ficha Patrimonial do PXOM para incluír a localización exacta deste conxunto de xacementos descritos, e para elo, entendemos, cabe iniciar esta labor cuns traballos previos de  limpeza do entorno dos xacementos.

Este punto foi censurado e retirado polo goberno como condición para aprobar a moción, cuestión aceptada dende PxA co fin de que saíra aprobada, cal é a sorpresa cando case que despois de 2 meses, o goberno tripartito a publicita como propia e sen ter o mínimo detalle de mencionar ao PxA como grupo municipal que presentou a proposta ao pleno.
A perplexidade foi a máis cando se “vende” como propia o resto da proposta aprobada no pleno, en concreto:

Instar a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia a Creación dunha Área Arqueolóxica de Interese Socio-Cultural e facer as actuacións necesarias para acadar unha Protección axeitada a esta zona de xacementos no contorno natural-cultural que o rodea, establecendo unha “Área de Protección”, inexistente na actualidade, e unha nova “Área de Cautela” axeitada.

Instar á Xunta de Galicia á:
Creación dunha Ruta que permita a veciños, peregrinos,  estudosos, e cidadanía en xeral a visita e coñecemento desta riqueza de Arte Rupestre que Ames pode ofrecer e que na actualidade é inaccesible.

Colocación dun sistema se sinalización de indicación vertical para accesos e explicativo “in situ”, elaboración de mapas de comunicación aumentativa para persoas con diversidade e dificultades funcionais así como para estranxeiros.

Planificación e Creación conxunta co Goberno Municipal dunhas “xornadas” de visitas guiadas con persoal profesional cualificado durante, a lo menos, períodos de Primavera e Verán. Cómpre considerar que esta zona arqueolóxica está a beira do Camiño de Fisterra polo que se deberá ter en conta a Universalidade e o Multilingüismo.

Instar ao Goberno Municipal de Santiago de Compostela para manter unha reunión para  achegar posturas de colaboración entre os dous Municipios para a futura creación dunha ampla zona Arqueolóxica que podería comprender os máis de 30 xacementos da zona de Portela e Villestro, os de Correxíns en Figueiras (Santiago de Compostela) e os de san Marcos, Liñaredo en Ames.

Unha cousa similar ocorre coa visita de membros do goberno tripartito á parroquia de Bugallido para “vender” á opinión pública o acondicionamento de Outeiro (Bugallido) con Costoia (Biduído) ) ata o termo municipal de Santiago.

Estes traballos que foron sufragados a través do Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015, tiveron un custo de case 100.000 euros e o actual Alcalde socialista, daquela na oposición, votou en contra no pleno de Plan de Obras e Servizos en novembro de 2014.

Parece que Ames non ten moita sorte cos gobernos dos últimos anos, esa é a reflexión que se fai dende Pacto X Ames ante estes e outros acontecementos que están sucedendo con demasiada frecuencia.

Ningún comentario: