30/5/2016
- Os grupos municipais do BNG – Asembleas Abertas e Veciñ@s de Boqueixón, veñen
de presentar este xoves unha moción co fin de que se regulen os procedementos
de selección de persoal de ambos concellos, de xeito que se garanta a obxectividade
de todo o procemento.
Ante
estas peticións, os dous grupos municipais encargaron un informe xurídico sobre
a creación dun rexistro de gravacións de probas orais de selección de persoal
emitido por unha avogada especializada en dereito de protección de datos e
novas tecnoloxias, no que avala xurídicamente cada unha das medidas que se
solicitan en ambas mocións.
Acordos
solicitados na Moción.
Co
obxectivo de garantir unha total transparencia, obxectividade e participación
en todos os procedementos selectivos de persoal de ambos concellos, ambos os
grupos aportan unha batería de propostas, perfectamente posibles e avaladas
xurídicamente no informe que acompaña á moción. Concretamente son:
1. Que
as bases da convocatoria para cubrir prazas de funcionarios ou persoal laboral
sexan
aprobadas polos Plenos das Corporacións.
2.
Arbitrar mecanismos para cubrir as substitucións que se produzan no persoal por
baixas,
excedencias, vacacións ou permisos elaborando unha lista de espera co persoal
que
aprobe sen praza os últimos procedementos selectivos.
3.
Máxima difusión e publicidade das bases da convocatoria.
4.
Determinar un prazo non inferior a 15 días, para favorecer a participación dos
posibles
aspirantes.
5.
Realizar, dacordo co informe xurídico, un rexistro de gravacións de probas
orais de
selección
do persoal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario