Ames - o programa "enredando, artesanía na escola" chegará o CEIP A Mahia


Alumnos do CEIP A Maía coñecerán o proceso de obtención da seda a través da iniciativa ‘Enredando, artesanía na escola’
O alcalde de Ames, Santiago Amor, presentou esta mañá xunto á directora xeral de Comercio, Nava Castro, e á xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro, este programa didáctico posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria. No acto tamén participou o concelleiro de Educación, Bernardo Moar.

PP Oroso - a oposición non está dacordo co novo regulamento orgánico do concello


La oposición al completo se muestra contraria al nuevo Regulamento Orgánico de Funcionamiento do Concello de Oroso


·        PP, BNG y PGD firman un escrito conjunto en el que se pide la revisión de este reglamento por considerar que limita el ejercicio de la oposición

·        José Manuel Balado, portavoz del PP en Oroso, recuerda que aunque el gobierno tenga mayoría absoluta, “los miembros de la oposición, sumados, representamos a la mayoría de los orosinos”

Oroso, 1 de mayo de 2012.- La oposición al completo de Oroso se ha mostrado en contra del nuevo Regulamento de Funcionamiento do Concello de Oroso.

Ames - solicitude de subvención a deputación para servizos sociais


O Concello de Ames solicita á Deputación da Coruña unha subvención de 40.000 euros para consolidar o programa de orientación, asesoramento e información de Servizos Sociais
A través desta axuda posibilitarase a contratación do persoal técnico necesario para continuar desenvolvendo con eficacia os obxectivos operativos do programa: informar, orientar, valorar, asesorar e derivar a toda a poboación que o demande co fin de mellorar o seu benestar social.

Oroso - o bar "Tapas" gañou o concurso de tapas


“BAR TAPAS” GAÑA A TERCEIRA EDICIÓN DO CONCURSO DE TAPAS DE OROSO, NA QUE SE DEGUSTARON DE BALDE MÁIS DE 2.000 RACIÓNS

Os premios serán entregados o vindeiro venres 11 de maio, coincidindo co inicio da Festa da Troita

30 de abril de 2012.- O “Bar Tapas” (Sigüeiro), coa súa proposta “Tosta de Carne”, foi o gañador da III edición do concurso de tapas, celebrado os días 14, 15, 21 e 22 de abril en Oroso. Así o decidiron as 223 persoas que exerceron o seu dereito ao voto durante eses catro días e cuxos sufraxios foron contabilizados na noite do venres no centro cultural de Sigüeiro. Un reconto ao que asistiron representantes dos locais participantes, que entregaron cadansúa urna selada para que se realizase o correspondente reconto.

Ames - hoxe comezan novas sesións de contacontos


A biblioteca municipal organiza novas sesións de contacontos durante o mes de maio
Estas actividades, que están dirixidas aos rapaces e rapazas de 3 a 8 anos, terán o seu escenario nas bibliotecas de Bertamiráns e do Milladoiro, así como nos locais sociais de Aguapesada e Bugallido.
Os contos non se centrarán nunha única temática senón que durante cada trimestre abordarase un tema distinto, sempre relacionado con aspectos de interese e de actualidade na formación emotiva, artística e formal dos máis cativos.
Durante este trimestre do curso a temática das sesións de contos xirará arredor dos contos do mundo.

Santiago - axenda martes 1 e actuacións policia local


AXENDA MUNICIPAL

Martes 1

21.00 h
No Teatro Principal, Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor presentan: 'Hai P.O.D.' dentro do ciclo 'Falabaratos'.

Federación Libreiros - continua a feira do libro de Santiago


A FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO CONTINÚA CON ÉXITO NA ALAMEDA COMPOSTELÁ

As súas primeiras xornadas contaron cunha asistencia moi numerosa

A  cita cos libros alongarase ata o 6 de maio no Paseo Central da Alameda santiaguesa


30 de abril de 2012.- A XXXI edición da Feira do Libro de Santiago prosegue a súa andaina no Paseo Central da Alameda, deica o 6 de maio.

O seu horario é de mañás de  12:00 a 14:00 horas;  tardes, de  17:30 a 21:00 horas; e fins de semana e festivos,  de 12:00 a 14:30 e de 17:30 a 21:30 horas.

Antón Pedreira, director técnico da cita, fai unha valoración moi positiva das súas primeiras xornadas. “O sábado tanto o acto inaugural como as súas primeiras horas contaron con moita afluencia, ata o parón provocado pola choiva e o aparato eléctrico, e despois recuperouse; e o domingo o tempo respetounos e foi unha xornada de moitísima xente, estando ateigadas sempre tanto a feira como as distintas actividades”.

Ordes - peche durante 15 días da rua do Recreo


A rúa Recreo permanecerá pechada ó tráfico durante 15 días por obras de mellora no seu firme

A intervención inclúe o seu asfaltado ó longo de 900 metros e o formigonado  no seu cruce coa céntrica avenida Alfonso Senra

Ordes 30 abril 2012.  A partir do vindeiro xoves 3 de maio e durante un periodo aproximado de 15 días a travesía do Recreo, ubicada no centro urbán da vila de Ordes, permanecerá pechada ó tráfico rodado debido ás obras de mellora que se van a realizar. Unha intervención moi demandada polos veciños e veciñas de Ordes e que consistirá no formigonado de 40 metros no cruce con Alfonso Senra e no fresado e asfaltado de 900 metros. Debido a elo o tráfico desviarase polas rúas Mediodía, Coruña e a pista do Balado. 

Mancomunidade de Ordes - obradoiros de prevencións de adicións


OS OBRADOIROS DE PREVENCIÓN DE ADICIÓNS DA MANCOMUNIDADE DE ORDES INCLÚEN ESTE ANO
OS RISCOS DO ABUSO DAS REDES SOCIAIS

A Mancomunidade traballa tamén nun obradoiro dirixido a pais e nais, “Familias e redes sociais”, dirixido a fomentar o uso responsable das novas tecnoloxías

30 de abril de 2012.- A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes está a desenvolver nestas semanas os seus tradicionais obradoiros de prevención de drogodependencias, que este ano inclúen como gran novidade información sobre os abusos e adiccións que poden xerar as novas tecnoloxías, en xeral, e as redes sociais, en particular. Uns cursos que se están a impartir a uns 150 rapaces de 3º e 4º de Secundaria do CPI O Cruce (Cerceda), CPI Pontecarreira (Frades), CPI Xanceda (Mesía), IES nº 1 (Ordes), IES Oroso (Oroso), CPI Pecalama (Tordoia) e CPI Viaño Pequeno (Trazo).

Silleda - proxecto das Sendas das Manduas


A Xefatura Territorial de Pontevedra comprométese co Concello de Silleda á realización das Sendas de Manduas

Dende o Concello de Silleda, seguimos traballando para que as sendas se realicen canto antes, e de non acometerse nun tempo prudencial, levarase a cabo a medida anunciada a pasada semanadi o Primeiro Teniente de Alcalde e Concelleiro de Obras, Manuel Cuíña


            Silleda, 30 de abril de 2012. A Xefatura Territorial de Pontevedra, da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, púxose hoxe en contacto co Concello de Silleda para informar de que levará a cabo as obras das sendas de Manduas, e que o permiso concedido a semana pasada se tratou dun erro administrativo.

Frades - bolsas de axuda para o transporte escolar


O CONCELLO DE FRADES CONVOCA BOLSAS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA ALUMNOS DE BACHARELATO E FORMACIÓN PROFESIONAL

A subvención acadará os 200 euros por alumno e o prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de maio

30 de abril de 2012.- O Concello de Frades convoca unha subvención para transporte escolar para o curso académico 2011-2012 dirixida a alumnos de Bacharelato e Formación Profesional. Unhas axudas que acadarán os 200 euros por alumno e curso, e cuxo prazo de solicitude remata o vindeiro 25 de maio

Poderán solicitar estas subvencións aqueles alumnos que estén empadroados no Concello de Frades, que cursen estudos de Bacharelato ou Formación Profesional e cuxas familias estén ao día no pago das obrigas tributarias co Concello. Unha vez cumpridos estes requisitos, o reparto das subvencións realizarase atendendo unicamente ao criterio económico, de xeito que só se concederán subvencións a aqueles estudiantes máis necesitados e cos ingresos per cápita máis baixos.

BNG Ames - acto en defensa da sanidade pública


Terá lugar a presentación da iniciativa lexislativa popular a prol da sanidade pública en Galiza e a recollida de sinaturas no seu apoio

O BNG de Ames celebra o 2 de maio un acto en defensa da sanidade pública

Ames, 30 de abril de2012.- O BNG de Ames celebrará o vindeiro mércores 2 de maio un acto público ás oito e media do serán no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, que terá como obxecto trasladar as alternativas en defensa da sanidade pública á veciñanza de Ames. O acto contará coa presenza de María Xosé Abuín, en representación da Plataforma “SOS Sanidade Pública” da comarca de Compostela, que está a levar a termo unha campaña de mobilización social en defensa do sistema sanitario público.

Santiago - hoxe Hai P.O.D. no ciclo falabaratos


Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor presentan ‘Hai P.O.D.’ en Falabaratos

  • As entradas, a 15 euros (13€ no anfiteatro), poden mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Teatro Principal (abertas de martes a sábado de 18 a 21h)

  • Despois de ‘Hai P.O.D.’ teremos en Falabaratos a Godoy presentando ‘Verás que todo es mentira’ o 8 de xuño tamén no Teatro Principal

Santiago de Compostela, 30/04/2012.- O ciclo ‘Falabaratos. Monólogos, contos e outras historias’ propónnos un novo espectáculo mañá, martes 1 de maio ás 21.00h no Teatro Principal. Será cos humoristas Pepo Suevos, Oswaldo Digón e David Amor, que nos presentan ‘Hai P.O.D.’ As entradas para este espectáculo a 15 euros (13€ no anfiteatro), poden mercarse en Novagaliciabanco ou nas billeteiras do Teatro Principal (abertas de martes a sábado de 18 a 21h). Despois de ‘Hai P.O.D.’ teremos en Falabaratos a Godoy presentando ‘Verás que todo es mentira’ o 8 de xuño tamén no Teatro Principal.

Santiago - este mércores comeza cutocircuito


En total foron 2.645 as curtas recibidas para o Concurso, chegadas desde 91 países

A IX edición de Curtocircuíto, Festival Internacional de Curtametraxes, celébrase do 2 ao 11 de maio

  • O programa inaugurase este mércores, día 2 de maio, cun Cineconcerto no que a Banda Municipal interpreta música de Antón Alcalde sobre a curta ‘The Pawnshop’ de Chaplin

  • Ademais das proxeccións dos 5 concursos oficiais haberá actividades paralelas, unha ampla oferta musical e unha programación específica arredor de Romanía, país convidado este ano

Santiago de Compostela, 30/04/2012.- O alcalde da cidade, Ángel Currás, presentou hai uns días a IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, que se inaugura este mércores 2 de maio e se celebra ata o 11 de maio en diversos lugares da cidade. Nesta edición, ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes haberá actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas, curtas para cativos e unha ampla oferta musical. Este ano recibíronse 2.645 curtametraxes chegadas de 91 países e o país convidado será Romanía.

PLataforma fumigacións - campaña informativa sobre o perigo das fumigacións


Comunicado da Plataforma contra as Fumigacións
Unha campaña informativa a pé de rúa en Melide constata a preocupación dos e das melideses ante o perigo inminente de ser intoxicados por Flufexonuron
Hoxe, domingo 29 de abril, a Plataforma contra as Fumigacións1 tiña programada unha manifestación en Melide para protestar polos tratamentos aéreos contra o gorgullo do eucalipto cun pesticida prohibido na Unión Europea pola súa perigosidade e alta toxicidade: o Flufexonuron2. A pesares da inminencia destas fumigacións, a Delegación do Goberno non entendeu a urxencia do evento e prohibiu a manifestación.

Santiago - axenda luns 30


Luns 30

9.45 h
No museo da Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do proxecto InnovaSaúde, presentado polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

12.00 h
No hotel Quinta da Auga, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á conferencia da vicepresidenta do Goberno, Soraya Sáenz de Santamaría, dentro da European Roundtable 2012.

Ordes - 33000 persoas pasaron por Expo Ordes


Máis de 33.000 persoas visitan Expoordes 2012 ó longo desta fin de semana

Hoxe celebrouse a XXIII Festa do champiñón na que os bares e restaurantes preparon máis de 6.000 quilos para repartir de balde entre os seus clientes


Ordes 29 abril 2012. Máis de 33.000 persoas participaron ó longo desta fin de semana en Expoordes 2012 según estimacións da Policía Local. A feira multisectorial e de maquinaria agrícola por excelencia de toda a comarca volveu a batir récords de asistencia dende que o pasado venres se abriran as súas portas ó público, cunha xornada adicada ós empresarios e autónomos. Como cada ano os sectores da alimentación, automoción, mecánica, moble, náutica, deporte, enerxético, etc, acudiron a esta mostra. Tamén hai que ter en conta os máis de 12 stands institucionais e de federacións, asociacións e agrupacións de discapacitados, chegando entre todos a superar os 80 participantes nesta última edición.

Silleda - convocatoria de reunión esta noite para preparar as festas do verán



O Concelleiro de Turismo e Participación Cidadá convoca á cidadanía para a formación dun grupo de traballo de cara ás festas do verán de Silleda


           Hoxe a partir das 21.00 horas o Concelleiro de Turismo e Participación Cidadá, Matías R. da Torre, convoca a hostaleiros, asociacións, comerciantes e cidadáns en xeral da parroquia de Silleda para a organización dun grupo de traballo que conforme  a comisión e se encargue da organización das festas de verán de Silleda que teñen lugar cada segunda fin de semana do mes de xullo.
           
            Na anterior reunión celebrada hai tres semanas e na que apenas houbo afluencia, decidiuse sentar as bases para unhas posibles festas, nas que dadas as dificultades económicas actuais, os días de celebración se rebaixarían a dous.

Fundación Rosaleda - charla del futbolista Luis Suarez


La Rosaleda trae a Santiago al futbolista coruñés Luis Suárez, uno de los mejores jugadores del siglo XX

·         El exfutbolista y extrenador coruñés estará en el Hostal dos Reis Católicos el jueves a las 20 horas. La entrada a la charla será libre hasta completar aforo


Santiago de Compostela, 27 de abril de 2012.- Luis Suárez Miramontes impartirá el jueves en Santiago una charla-coloquio titulada “Fútbol: pasión y vida”. Será en la Capilla Real del Hostal dos Reis Católicos a las 20.00 h y la entrada será libre hasta completar aforo.

El exfutbolista y exentrenador Luis Suárez (La Coruña, 1935) es considerado uno de los mejores jugadores del siglo XX. En 1960 ganó el Balón de Oro y se convirtió en el único jugador nacido en España distinguido con este galardón, mérito que aún conserva. Además, fue Balón de Plata en 1961 y 1964 y Balón de Bronce en 1965.

Ames - cursos de maio da aula CeMIT


A Aula CeMIT do Concello de Ames organiza tres cursos para o mes de maio

A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Ames organiza tres cursos durante o mes de maio. O prazo de inscrición para estes cursos estará aberto durante os meses de abril e maio.

No primeiro obradoiro os usuarios/as coñecerán máis polo miúdo as funcións dunha cámara dixital, no segundo curso os participantes aprenderán a elaborar un currículum e o terceiro obradoiro estará enfocado a que os amienses aprendan a crear páxinas web.

Santiago - axenda domingo 29


Domingo 29

13.00 h
Na Alameda de Santiago, con motivo da celebración da Feira do Libro e coincidindo cunha xornada máis do ciclo de concertos “Música nas Prazas”, a banda da Escola Municipal de Música ofrecerá un concerto no Palco da Música.

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes da European Roundtable 2012, presidida polo presidente do Parlamento alemán, Norbert Lammert.

Teo - o novo contrato eléctrico fará que o concello aforre 250000 euros


O CONCELLO DE TEO AFORRARÁ CASE 250.000 EUROS CO NOVO CONTRATO DE MANTEMENTO DE ALUMEADO PÚBLICO E INSTALACIÓNS ELÉCTRICAS


·        A xestión efectuada polo concelleiro de Servizos Básicos logra incorporar actuacións por valor de 30.000 euros anuais que ata agora se tiñan que facturar fóra do contrato coa adxudicataria

·        O Concello disporá de 13.500 euros ao ano para investir en diversas melloras na rede municipal de alumeado público e nos edificios que dependen da administración local

Melide - reunión con augas de galicia


A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez reúniuse con técnicos de Augas de Galicia para solventar a problemática de canalización no Polígono da Madanela.
·         Onte técnicos do organismo autónomo Augas de Galicia mantiveron una xuntanza formal coa alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, co fin de atopar una solución aos problemas de canalización que se dectectaron no Polígono Industrial da Madanela.
·         Técnicos de Augas de Galicia redactarán un proxecto para detectar os problemas de engache que actualmente existen en alguhas áreas do polígono industrial.

Ordes - hoxe remata Expo Ordes


Gran afluencia de público en Expoordes 2012, nunha segunda xornada adicada á diversidade funcional e á Mancomunidade

Hoxe será o último día coa XXIII Festa do champiñón, no que os bares e establecementos repartirán de balde tapas elaboradas con este producto

A feira multisectorial e de maquinaria agrícola Expoordes 2012 celebrou hoxe a súa segunda xornada cunha gran afluencia de público. Un día especialmente adicado a todas aquelas persoas que presentan algún tipo de diversidade funcional grazas ás III Xornadas ‘A discapacidade hoxe en día’. 

Silleda - día Europeo da Solidariedade Interxeneracional


O Concello de Silleda conmemora o día Europeo da Solidariedade Interxeracional coa programación de varias actividades

           Con motivo da celebración hoxe do día Europeo da Solidariedade Inerxeracional o Concello de Silleda publica un programa de actividades para realizar ao longo do ano que promoven a mutua cooperación e intercambio entre as xeracións.

            O programa recibe o  nome De 3 a 103 anos, e o obxectivo que persegue é potenciar a participación comunitaria das persoas maiores e avanzar no coñecemento mutuo entre as distintas xeracións. Este tipo de actuacións son vehículos para o intercambio determinado e continuado de recursos e aprendizaxe entre as xeración para beneficios individuais e sociais.

Fundación Araguaney - calido homenaxe a JOsé Lopez Calo

Cálido homenaje a José López Calo por su 90 aniversario

Santiago de Compostela, Viernes 27 de Abril de 2012. La Iglesia de la Universidad reunió esta noche a un gran número de personas en un cálido homenaje al Padre Calo. Al acto asistieron amigos, familiares, compañeros de trabajo y compostelanos que quisieron celebrar su 90 aniversario.

José María Miranda, Secretario de la Asociación de Amigos de la Ópera de Santiago de Compostela fue el encargado de presentar el homenaje, quien agradeció la presencia de todos los asistentes al acto, es especial al rector de la USC, Don Juan Casares Long, al alcalde de Santiago, al Conselleiro de Educación, Pte. de la Real Academia Gallega de Belas Artes, al Director de a Real Filharmonía de Galicia y demás asistentes.

Oroso - o pleno despide a concelleira Vanessa Reboredo



EMOTIVA DESPEDIDA DO PLENO
OROSÁN A VANESSA REBOREDO

Manuel Mirás destacou que “nestes cinco anos no Goberno fixo un traballo marabilloso”

O pleno dá luz verde ao investimento de 200.000 euros nunha nova pista de xogos en Sigüeiro, nun aparcamento en Trasmonte, en sinalización en Porto Avieira e en melloras do alumeado público

27 de abril de 2012.- O pleno municipal de Oroso tomou hoxe coñecemento da renuncia ao cargo de concelleira Vanessa Reboredo Fraga, que deixa a súa acta por motivos persoais e laborais que lle impiden atender as obrigas propias do seu cargo coa dedicación que tal responsabilidade comporta. De feito, a sesión celebrouse hoxe venres ás 18:00 horas para facilitar a asistencia de Vanessa Reboredo, quen quería despedirse do pleno municipal.